https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

sábado, 30 de maio de 2015

A salvación segue sendo utopía

Reter o conhecemento dun tempo que aveciña progreso e salvación dun povo ledo
Eso que entendemos como ruptura co anterior,
O que non nos atraía tanto como a beleza dunha flor latente,
Eso non é motivo de tranquilidade nin estancamento co réxime.
Para iso, inda quedan moitos versos,
Moitas loitas,
Moitos medos e descontentos.
Sen embargo, a supresión de tales medos atemporalmente curados.
Pode ser unha solución estándar e médica para os nenos.
Como remedio, vai curando.
Mais a salvación, segue sendo utopía.


domingo, 24 de maio de 2015

Reflexión electoral pouco poética

Escolla de pertenza a un colectivo máis ou menos afín ao que pretendo definir coma personalidade crítica ou corrente de pensamento diferenciada.
Para esta escolla indagamos
Aplicamos o sentido común e a dor de conciencia tan simple coma nocturna
Esvaecidos atracóns de líderes máis ou menos representativos
Quen non leu a Marx?
Quen non buscou linhas políticas afíns co seu entorno?
Quen non caeu na dicotomía de amores seducidos por guerrillas da comarca?
Quen non cambiou de bando ao chegar a contradicións internas?
Quen non cambiou a idea que ten de Patria ao longo dun duro proceso formativo?
Quen non iniciou a súa formación política no bando contrario?
Quen non o fixera, igual comprende menos.
Mais quen o fixo,
Entende.
Quen o fixo indagou tanto que chegou ao que eu defino
“Creación da túa propia corrente de pensamento”
Esta, non ten porque estar representada por un colectivo numeroso.
Unha corrente de pensamento precisa duns poucos para se converter en movemento.
Un movemento precisa duns poucos máis para chegar a ser represantativo dunha causa.
E ahí está a chave, a causa.
A causa pode ser máis ou menos revolucionaria, máis ou menos digna, máis ou menos realista, máis ou menos criticable, máis ou menos boa ou ata pode ser pésima.
O importante é que ese movemento que comezou sendo un pequeno colectivo esté seguro e firme do que defende,
Dentro do posible, sen atentar ante os dereitos fundamentais de ninguén,
(sexa animal, mortal ou simplemente abstracto).
Esto ultimo podería dar debate de séculos,
Porque hai causas e causas. Sen ir máis lonxe:
Nai á que lle matan e violan á filla. Esta senhora desexaría acabar co home (se hai que ponherlle un nome a tal indivíduo), é dicir, a súa causa pode ser eliminar do mundo, no caso concreto que estamos exemplificando, a ese “home”.
Ben, cando esa causa é defendida por centos de nais, converteríse nun movemento xerado por un colectivo de nais que decidiron xuntarse por unha causa: Rematar cun certo tipo de “machos” que se adican a violar e matar mozas por pracer, autoestima,  enfermidade ou calquer tipo de trastorno medicado.
É lexítimo un movemento, imos chamarlle combativo, de mulleres cheas de raiba que maten a homes, (inda que sexan dignos merecedores de tal destino) por vingar a morte das súas fillas ou companheiras para que estes non reiteren tal comportamento? Esto podería extrapolarse a todos aqueles que atentasen contra os dereitos dunha muller.

Ben.
Como dixen, esto da para moito debate, e como sinceramente non sei o que respostaría ante tal pregunta, inda que me podería inclinar cara unha resposta máis positiva que negativa, deixarei este tema para outra ocasion.

Pois seguindo co anterior,
se esta causa que defende un colectivo de indivíduos comeza a mudar,
que pasa?
Comeza a haber contradicións internas, que levarán a contradicións externas. Hai escisións no movemento por desacordos, hai críticas non constructivas, hai envexas que levan a crear bandos e frustracións ás veces irreversibles.
Ocurriría o que comunmente chamamos desastre organizativo, xa que este colectivo para ser un movemento ten que gozar dunha organización máis ou menos estable.
Un movemento para ser visible ten que estar organizado.
E para estar organizado ten que haber acordos.
Mais cando non hai acordos na evolución do movemento, é porque ante unha idea hai unha oposición. Esta oposición pode ser dunha persoa contra 100, de 50 contra 50 ou de 30 contra 60. O que se consideraría normal sería, mediante debate asambleario, chegar a acordos máis ou menos comúns, mais para esto tería que haber cesións por ambos bandos,
eso sí, sen que a causa mude.
Se a causa é “loitar polos dereitos dos traballadores”, por desacordos entre os “militantes” non podemos chegar a conclusion de que agora loitamos polos “dereitos dos traballadores do sector da hostelería” porque son os que apoiaron ao líder da organización, (inda que non crea moito en líderes, penso que son precisos, sobre todo en grandes organizacións)
e agora que fan o resto de traballadores?
Pois é simple companheiras,
crean outro movemento para o resto dos traballadores, ata que se repita o bucle, e así susecivamente para un movemento que aparentemente loita por unha causa común e podería estar formado por miles de persoas, nacen moitos movementos que por contradicións internas mal curadas ou dicotomías mal resoltas, ou mesmo por egos, concluíu en varios movementos moito menos numerosos e menos eficaces, quedando así a causa danada.

Con isto, pretendo que reflexionemos e extrapolemos esto a moitos máis ámbitos, a moitas máis causas, a moitas máis loitas.
Pode chegar a ser demasiado simple e pouco titulado este fragmento,

mais como di Chavela, “que la vida es simple y a las cosas simples las devora el tiempo”

Publicación destacada

Edén, te esperamos en mayo :D

 Embarazo Tami. 30 semanas 29 años y un embarazo