https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

xoves, 30 de abril de 2015

Obsesiónense coa vida

Mátame o capricho de ver ao sol nacer,
de velo medrar en sentido rítmico á clase popular,
de velo tremer cando se vai,
cando se esquece de alumear a tantos que non merecen luz,
nin artificial nin solar.
Esteroides de egos políticos que non son máis que iso,
Egos con tan pouco que ofrecer, que compiten polo que non teñen.
Rítmicos pasos alados por dunas que só tenhen auga,
Dunas tan trapalleiras, coma eles,
Os que mandan,
Os que teñen tanto medo de vivir,
Que pescudan saídas cheas de excesos que non tenhen por que ser nicotina nin cebada.
A eles, aos obsesivos.
Esto vai polos excesos.
Polo abusivo,
Polo descontrol cara a un sentimento que non deixa de ser lexítimo.
Esto vai pola radicalización de calquera cousa.
Esto vai pola obsesión,
Polos obsesionados.
Obsesionados coa pena,
Obsesionados coa dúbida,
Obsesionados coa dor,
Obsesionados coa política,
Obsesionados co traballo,
Obsesionados co dinheiro
Obsesionados coa súa parella,
Obsesionados por un ideal máis ou menos utópico,
Obsesionados pola beleza,
Obsesionados pola morte,
A todos eles,
tolos sen coherente sentido común dominante,
A todos eles lles digo,
como humilde conselleira sen título,

Obsesiónense coa vida.

V

Falo a un tempo a fala doce de amantes.
Falo para os amantes máis que nada.
E para todos os que, por causa do cotián,
sofren e calan a sua desdita.
Falo a fala dos poetas que están mortos,
Coas súas mellores palabras,
Coa súa palabra esquecida, falo
Coa voz amansada que levo escrita no sangue

Desde hai tanto e que foi inocente un día.



mércores, 29 de abril de 2015

LVIII

Encerrada aquí me encontro,
con prohibida liberdade.
Se me despisto,
igual me rouban a dignidade que por dereito tenho.
Non poden negarme o aire,
preciso respirar.
Un día sonhei unha nube que voaba polo mar, eu ía nela cantando melodías de mariñeiros que choraban a tristura de non estar en terra coidando o seu castelo e a súa princesa.
Que curioso.
Uns tanto, e outros, demasiado pouco.
Son reixas, reixas grosas e vellas o que vexo ao levantarme do descanso tan mentireiro que me proporciona esta cama sen colchón.
Eque se me van os ollos da cela á brisa do mar que se desperdicia aquí,
día a día.
Soa, sen ter nada,
nin consolo,
só cemento no que encaixo, 
como can no seu descanso,
con dereito ao seu paseo e sen nome.
Son unha presa.
Non son nada xa, roubáronme o dereito a ser muller.

Pequei, vaia se pequei!
Pero creo que merezo unha oportunidade.
En verdade só loitaba por min e a minha liberdade.
As minhas compañeiras choran,
e o peor é que eu tamén sei chorar.
Destrúeme pensar que a vida pasa e a minha nena se me vai.
A minha nena... ela cría na liberdade.
Ela está soa, sen ninguén que a vaia axudar se algún día decide que non pode máis.
Eu tamén sentiría rancor,
pero ás veces pódeche a dor.
Isto non é san.
Que lle pasa ao mundo? 
É tan malo roubar unha sardinha por culpa da fame que matar a un trasno?
Ao meu xa o mataron.
Non me gusta,
non me gusta nada queixarme.
Xuro que nin río nas cóxegas,
pero tenho un bulto inflamado no peito que se me reinflama cada atardecer que pasa e eu sigo aquí,
encerrada,
esperando a ser xulgada.
Merezo un xuízo, con xuíz e avogado.
E non obstante levo aquí xa máis de 490 lúas esperando a celebralo.
Tenhen medo a que me namore da liberdade se saio,
pero o que non saben é que xa hai tempo que dela prendei.
Só queda esperar.
Mais inda que me corten as ás,
bolboreta linda,

non me esquecín de como voar.

martes, 28 de abril de 2015

Chin, pun, plas.

 É tan bonito que me asusta, é como secarse as engurras de tanto rir contra o vento que só sopra elementos relacionados con desgrazas,
é tan máxico que nin con ilusión se curaría,
é un verbo que caminha sobre espárragos enrolados en violetas de campos fluorescentes, pero que non brilan na escuridade.
É simple, pero ninguén o comprende, ninguén sabe onde está nin de onde vén nin por que se vai sen avisar aos lunares que esquecen bolboretas para perder o peso e voar cara ao lugar.
Non se pode explicar con palabras,
sentídeo.
É especial.
Dura menos dun segundo e pode voar cara á outra esquina do abismo ao que te fai chegar só co seu olor ás veces ata fantasmal,
pero real.
Non é falar por falar, non é outra parvada máis, non son só letras que fan marabillas coas palabras,
non,
é un complexo non lineal, é cambiante, é intenso,
é absurdo pero mortal.

Cruza a linha do control á fantasía, é cuestión de probar,
é un momento no que as pálpebras vanse relaxar,
as pestanas deixan de pensar,
os labios transfórmanse en impulsos de xirar como xirasois en celo,
o teu padal arderá como arde o lume sen volta atrás, e xa está.
Acontecerá, sempre acontecerá.
É casualidade, momento clave, instante en branco e pesadelo sen rematar.
Non chega a sonho, quedou en realidade e maquillouse bonito para atrapar a infelices sen piedade a ser un máis.
Só é cuestión de probar do frasco da súa marmelada caducada sen azucre nin sal,
só aroma
aroma doce,
moi doce,
pero que non chega a saturar o gusto de sentilo nos teus diminutos ósos de papel líquido envasados en pel tostada pola esfera máxica que ilumina o rostro daquel que xa entrou no xogo.

Ao fin e ao cabo só é xogo,
pero con límite que traspasa a liña entre o imaxinario e a vida real.
Pura curiosidade.
Deixarse despeitear e soltarse a melena,
pulverizar ás flores con estrelas que morren en espellos prateados de senhoras coa vista cansa de tanto mirar á lúa pasaxeira,
Mirada sen brillo, pero co segredo que esconde a primavera entre tantas flores que se xogan a vida en compracer a amantes sen sabor a pastel amargo, só con iso...
Que é real,
que non chega a sonho,
pero que te fai pensar.


CHIN
PUN

 PLAS.

Publicación destacada

Edén, te esperamos en mayo :D

 Embarazo Tami. 30 semanas 29 años y un embarazo