https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

viernes, 14 de agosto de 2015

Son un soño

Amor meu,
Meu cándido, acalorado e rudo neno.
Son a túa paixón tola e simple.
Son o que idealizaches nada máis tocar o meu ventre espido,
Son o que defines cando soñas a melancolía da tenrura.
Son tanto e nada.
Son a expectativa da túa frustrada e insensata vida.
Son o dúo de anxo e demo que te ronda.
Son a túa mellor obra de arte.
Son mero e eterno capricho debuxado en ondas.
Ondas tan perfectas como a armonía que nos une.
Non somos un,
O feminismo dicta que somos dous seres.
Dúo completo e conectado ao paraíso dos namorados.
Son un soño irreal,
Coma ti menino.
E inda que pareza absurdo,

un día espertarás.

lunes, 10 de agosto de 2015

Leona

Leona,
Vou lamberte,
Vou alimentarte e malnutrirte por envexa,
Vou querer quererte,
Vou espir a túa moral.
Si é que as xoias coma ti a teñen.
Leona,
Voume desangrar para ti,
Quéreme tanto como un crío quere teta.
Déixame ver nos teus ollos que che fago felíz,
Restrégame que somos caliza entre tanto fento.
Leona,
Quéreme tanto como os soldados queren guerra.
E no final,
saberei que son felíz.




Publicación destacada

 Recuerdo que hace mucho tiempo un hombre me dijo que estaba perturbada y que la belleza no iba a salvarme. Recuerdo a otro hombre que me di...