https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

jueves, 20 de agosto de 2015

Rata de dúas patas

Maldita cucaracha,
Rata de dúas patas,
Falaba contigo cando estremecía os soños con eles,
Os salvaxes,
Aos que semellas só en maneiras.
Eres o que o diccionario define como burdel.
Infectas e feres.
Serpe desfeita en mil vidas.
Amor deses que matan,
Búsqueda dun lugar máis tranquilo para un simple revolcón co máis chulo da comarca.
Odio o teu ser,
Odio eternamente o feito de ter que demostralo.

Xa que a debilidade do odio é ínfima,
Ai 
rata de dúas patas.
En ocasións,
Inda te soño en pesadelos que me fan chorar.

E hoxe,

Chorei.


domingo, 16 de agosto de 2015

Renuncio á utopía

O tempo causome tantos estragos despexados en bágoas
Que cando choro inundo a cama de tristuras que non me seguen no ritmo acelerado da vida.
Porque se confío no aparente,
me derrumbo
E derrúmbome máis do que o sinto
E sinto tanto como sufro vermes.
Deléitome e regózome na desgraza de ser na situación equivocada.
E o equivocado é o constante.
E o constante non existe.
Polo tanto,
non me adoro nin me esquezo.
Só me latigo no falso triunfo de querer ser a transmisora dunha realidade
Que ás veces, dudo que sexa a miña.
Inda que sexa a máis leal e pura para contala.
Bolboreta,
Hoxe non sei se dicirche Darling,
Hoxe non saturei a felicidade que debería
por ter triunfado na retahíla coa que levo tempo soñando.
Mostreime e postreime,
E asustoume o feito de ser boa no drama de contar o triste.
Renuncio á utopía,
estou matando o sorriso que me definía.

Mais tranquila,
O meu corazón,
seguirá latexando.



Publicación destacada

Morirse

Hay algo en la memoria de los fallecidos que siempre me ha retorcido la lengua La manera tan sutil de herir solo con un recuerdo es demoledo...