https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

viernes, 30 de octubre de 2015

jueves, 29 de octubre de 2015

Son humana

Son un discurso poético sen saliva nin tremores,
Son a merda que non botei por causa da regra,
son o que un irmán provocou,
son o que decidín defender,
son a hipoteca dun planeta xa morto,
son a dor da ansiedade dosificada en abismos de soidade,
por elección,
son un pulmón inflamado e cheo,
son metamorfose indecisa de amores,
son contradicción extremista e radical.
Son adicción do estado.
Son princesa rebelada en tostada de marmelo con queixo.
Son una infeliz que se define forte.
Son muller,
obsesionada en perder o norte.
E fumo,
esperando morrer,
porque ante todo,
son humana.




domingo, 25 de octubre de 2015

"mi país son mis amigos, y eso sí se extraña"

Relato da verba primeira,
verba que nunca te chamou,
chamada en espera de tremenda presa
e con medo
a que o reloxo
pare na soidade.

E estamos soas e rodeadas de xente.
Os cruces nunca se xuntaron para separarse,
o namoramento xa foi criticado,
o galardón é dono do amor condicionado.
E sempre foi así,
mais con amigas.

Contrariamente á miña ideoloxía,
hoxe decidín cal é a miña patria,
tendo presente Galiza,
"mi país son mis amigos,
y eso sí se extraña"

Publicación destacada

Morirse

Hay algo en la memoria de los fallecidos que siempre me ha retorcido la lengua La manera tan sutil de herir solo con un recuerdo es demoledo...