https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

xoves, 7 de maio de 2015

Heroína

As dúas culleres tremen á vez mentres a calor consume o que a ti xa te consumiu fai anos,
mentres xogabamos co lume que xa nos queimou fai máis dun onte.
Todo comeza cun xogo que che evade cara ao Edén da lúa,
todo comeza sen maldade, 
é rápido, 
traizoeiro 
e ás veces ata chega a ser mortal.
Non encontraches sosego no amor, 
tampouco na amizade, 
a familia era de etiqueta, 
simplemente familia por legalidade,
sen máis.
Quixeches lograr os teus sonhos, 
chegar á universidade, sen decatarte que ao cumprilos,
caiches sen querer ao pozo do esquecemento,
por cobarde.
Non quixeches volver a loitar, 
pero ti non eras así,
eu conhecín a túa alma guerreira, a túa alma sonhadora, 
coñecín o teu eu transparente.
O de agora é branco e voa.
Cando só bebías por pracer, 
cando te divertías sen pos máxicos, 
cando iamos pasear até que empezaba a chover, cando a túa idade remataba en oito, cando me contabas que eras feliz,
aínda que non fose en exceso.
Cando cada triunfo teu era o sorriso dun pobo enteiro.
Cando eras ti,
ti con alma,
ti vivindo!
Eran bos tempos.
Agora no cárcere dos corazóns rotos e malferidos estás,
triste, sen peso e sen personalidade.
Caíches con rodíns, 
non soubeches calcular a distancia entre o absurdo e o real
e cando quixeches decatarte
xa nin sabías que era o que realmente facías mal.
Só consumías as mentiras dunha falsa e maltreita felicidade que para ti era como un sonho feito realidade.
Xa non es a minha outra pegada,
xa non es como queres.
Es a adicción dun morto en vida,
es a necesidade da puta cocaína.
E agora eu tamén me vou como eses pos que acabarán coa túa existencia.
Adeus.
Eu voume, 
pero ti se podes, regresa.


martes, 5 de maio de 2015

XXV

Desmedida foi a incerteza coa que os meus ollos empezaron a volverse escuros e brilantes,
o paseo estreitaba e as minhas mans non paraban de tremer de impotencia.
Por ser, non era capaz de liar con destreza e confianza, algo fóra do normal nunha fumadora habitual.
Os meus dentes, medio amarelos a causa da estafadora nicotina, apoderábanse dos meus labios, secos e sen forza para falar.
As minhas dúas pernas presumidas seguían caminhando, como xesto mecánico de andar.
Non tinha ganhas de rematar nin de empezar,
soamente pedía continuar.
E así foi que o fixen,
con alma en pena pero sonhadora de loitar por algo merecido.
Todo foi así,
sen nada,
con todo,
sen menos e sen máis.
Pura casualidade adornada de múltiples tipos de causas xustificadoras que no momento te paras a pensar.
Pero ás veces as casualidades non acontecen simplemente ao azar,
Podes buscar e atopar ou simplemente encontrar sen necesidade de buscar.

Que bonito e á vez que estremecedor é a arte do que caminha polo mundo sen condutor, simplemente como pasaxeiro.

luns, 4 de maio de 2015

XLII

Comentaba unha ilusa nena á que eu adoitaba alimentar de cando en vez que cría nas caricias de persoas repletas de corazón, feitas de corazón, formuladas en enigmas musculares, repletas de latexos inconstantes e tan libres coma o vento cando chora pola esquina menos vista dunha rúa.
Dicíame que de maior sería máis humana que a raza en si,
máis valente que unha rocha que se pasa a vida loitando contra o mar,
máis bonita que unha nube de película,
máis lista que os allos cos que matou o vampiro que intentou roubarlle o sangue que por dereito lle fora concedido,
máis áxil que o latex co que os curas tenhen tantos problemas e prexuízos absurdamente incomprensibles,
máis risonha que o sorriso da felicidade en si.

Eu non quixen amedrentala con argumentos realistas ou simplemente adaptados ao drama dunha vida,
E calei,
coa mirada perdida no naufraxio do sorriso coa que ao facelo lle roubei.
Seguiu parpadeando,moi rápido,
Coma se estivese a intentar alcanzar un lince que lle escapaba cada vez máis das súas pupilas;
Desas pupilas que de tan negras eran ata doces,
como a sacarina dun planeta feito soamente de mel integral.
Seguiu falando da súa utopía infantil, pero sensata e con madureza asociada ás verbas coas que adornaba as súas ideas.
Cativoume tanto.

Era simple.

domingo, 3 de maio de 2015

O noso futuro, onde está?


O embigo dunha patria socialista desexada por cada revolucionario de metro cadrado en metro cúbico
A atalaia de nais solteiras que outrora foron ou son máis felices que feministas
O dinamismo dun cantautor rastrexando aneis de cordel sen trenzado hippie
A abertura idílica dunha muller,
A cálida voz da cousa máis fermosa do mar, boca salgada,
Mira
Atende á choiva que esquiva a patranha dun verme dictador entre tanto hipotecado.
Leo o meu diario do futuro,
E vese que é duro amar a un caparazón.
Escoita.
Onde está o meu futuro?
Fixen o mandado,

E o NOSO futuro, onde está?

Publicación destacada

Edén, te esperamos en mayo :D

 Embarazo Tami. 30 semanas 29 años y un embarazo