https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

sábado, 18 de novembro de 2017

Mastúrbate!

Mastúrbate 

Unta os pezóns en mel,

saben doces se palpas coa lingua circularmente.

Acaricia o ventre,

o embigo,

fai cine,

fai poesía e pintura coa mente

sen esquecer os pezóns, a mel 

e a lingua recorréndoos circularmente.

Faino no balcón, 

mentres te miran e te miras rindo.

Mastúrbate.

Abandona, 

coida o clítoris como se fose familia

escoita o vento que te roza, 

e sínteo.

Nota ese xogo mollado, 

e disfruta.

Mastúrbate, 

mentres as pernas se abren e se pechan 

e te escoitas xemindo,

berrando pracer,

grito agudo no ar.

Os xeonllos tremen, 

queren contacto.

Mastúrbate,

pecha os ollos,

voz lonxana,

voz propia.

Mastúrbate,

Que o teu murmullo 

sexa un xemido forte.

mércores, 18 de outubro de 2017

Poema para un(ha) tolo(a)

Perdida na noción de tempo
Cando xa nin os segundos contan,
E as horas auséntanse da súa memoria
e do seu propio tempo.

Un lugar infinito
e con comezo incerto.

Espexismos con pés,
que apenas camiñan  cara lembranzas
impregnadas  de vermes e de esquecementos.

Xigantes de papel por vencer
en diminutas loitas de voces internas
que batallan no cerebro.

Escoitamos:

Os disparos das carcaxadas
Delirios de tolos
Onde a morte simplemente non existe,
morreu antes de coñecerse.
Choramos o inxusto
sen facer mudo o medo
E berramos polo xusto,
facendo que os medos nin sobrevivan.

Corpos que inda sintan,
sen doer.
E a vida vívese,

simplemente por vivirse.

xoves, 31 de agosto de 2017

Pensaba que me ía revolver, 

e revolvinme.

Malquerida,

malqueridas.

Vive aquí, agora.

Experimenta o real.

Observa o obvio.

Abandona pensamentos innecesarios.

Entrégate á dor como ao pracer.

Sé o espello que reflicte,

e resoa de contínuo.

Porque nos asustan,

e identidade e medo van sempre da man.

Se somos erros, é porque o sistema está cheo de erros maravillosos.

Precisamos construír o dereito a sentir medo.

Somos valentes,

cando nos damos o permiso a sentir medo.

Xogámonos a vida

cada vez que nos vemos reflexadas:

1. Quen cremos que somos

2. Quen cremos que debemos ser

É a proba do espello.

Se coidamos e gardamos ao medo,

que ninguén se sorprenda cando o domine todo.

Algunha vez te abandoches a ti mesma?

Algunha vez te perdoaches?

Cando fale a voz do látigo,

pluraliza,

inda que é saída fácil.

Ás veces pensarás tan rápido que as palabras marcharán sen saber como.

Todo o contrario a expoñerse en soidade.

Nós.

Mulleres, homes.

Nenas, nenos.

Transexuais

Cisxénero

Bisexuais

Homosexuais

Asexuais

Pansexuais

Heteros

-Persoas-

Unha representación sen público

é unha imaxe gastada

que inda non quitou a tristeza de enriba.

Ama(o)(a)(os)(as)(te)(me)

Non se pode prexulgar algo que non existe,

son xeitos de apelar ao medo.

O medo fala do desexo,

e hai desexos que non queremos ver.

Non recoñecerme é un dos meus maiores medos,

medo a non ser.

"Y cómo aprender a ser valientes?

Bucear y respirar entre dolores y miedos.

Volar dolores

Rapelar miedos.

Abandonar el pozo y el torreón.

Encontrarnos en la soledad.

Reconocernos en la compañía.

Vivir en el laberinto

y sonreír"

domingo, 30 de xullo de 2017

Ser río

Desnudeime
Entre esas peles soleadas e incentivadas por desordes
Químicas e físicas
Sentín ao vento guía,
tranquilo,
e tranquiliceime
Coma se fose un río
O río con vida
do que falan os que levan a meditación nas veas
Sumerxida en sangue limpa
e máis lilás que vermella
Trepei pola rede
A rede intacta
do que me liberaba
e por un intre
pechei os ollos

e fun ese río.

domingo, 21 de maio de 2017

EGO

Se cuantificásemos o dominio do EGO nun corpo
equipararía o dominio da auga no mesmo
de xeito intransixente co órgano motor
reinventaría o sistema sanguíneo por medrar e crear imperio.

E nós,
tan conscientes e permisivos
mercaríamos un novo tórax para favorecer o cambio.
O mundo xira tanto como a cabeza
E o sentido é inexplorable e vanal
ata que algo falla
sen encaixar no novo corpo
Que, pouco a moito
fomos estropeando e matando.
Extrapolable á industrialización na nosa pel.

A estupidez humana
quero pensar que sí ten límites,
é cousa do humano

escollelos e aplicalos.

xoves, 27 de abril de 2017

Ese cheiro que arrecende a mistos
é como aquel serxei de meu pai gardado no armario de enriba da cama.
Pensar que aquel xersei, de marca, era de meu pai...

Xa non sei nin si me lembro ben de como ri
pero,
ás veces penso nos sons das risas alleas
e procuro similitudes.
Hai as que amosan falsas alegrías
as que choran rindo
as que dormen rindo ou respiran forte
as malas risas cheas de lume
ou as profundas, as sentidas,
as reais,
esas que babean ás veces
e serven.

Meu pai ría forte
e non era moi varonil cando ría,
pero eu gostaba
cando era conmigo.

O xersei é beige,
con cuello en pico.
É un xersei hipster,
ou case hippie se o investigas profundo.
E eu,
nunca o movín dese armario,
penso que ahí estará seguro para ambos.

Non é bo que explore.

A lúa xa explora,
hoxe sobre todo.
Igual a vemos os dous,
e sorrimos xuntas,
babeando as bágoas que nos uniron
nas amargas despedidas.


luns, 24 de abril de 2017

Taparnos, para estar menos vacías

É o corazón
Que marchita
Porque esta sociedade nos está marchitando
con tanta suor esvarada en van
con tanto fillo mal parido e non querido
con tanta falta de estado de benestar prometido
cun feixe de solapas como remendo
coas nais matadas e os país ausentes
con tanto fío para tantas poucas agullas
que fai tempo se perderon
pérdidas sabidas e queridas
e outras roubadas.
Porque o riso xa se sobrevalora tanto como o diñeiro
E as gañas se desvotan no comezo dun luns calquera.
Os beizos québranse pola sede máis que polo frío
E xa van moitas bágoas sen sentido
De tanta xente,
como raiba e medos
O medo á loita
O medo á queixa
O medo a non saber saber o preciso
No momento cómplice de tantas caricias
Bos tempos en malas etapas
Que nos destrúen tanto por dentro
Escapatorias dignas de estudo e entendimento
Sutiles maniobras de trapecista en paro
Estamos parados
Ante un desastre
E seguiremos camiñando
Porque non só hai luns calqueras
Hai lúas cheas
Que dignifican o desastre.
A formación como meta de autocoñecernos
E salvarnos dun abismo fondo e cada vez máis constante.
Consolamos en mentiras manipulables
E decidimos taparnos

Para estar menos vacías.

Publicación destacada

Edén, te esperamos en mayo :D

 Embarazo Tami. 30 semanas 29 años y un embarazo