https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

mércores, 26 de febreiro de 2020

O nocello da vaca estaba enfermo
o pico do paxaro tiña cáncer de palabra
as ameixas eran amargas de tanto impacto
a chancla da praia multiplicábase sen vixianza policial
os meus beizos quedaran pegados de tanto asombro
o barriga dos cans de rúa estaba chea de traxedias.

Os pelos das mulleres parecía que gañaban autonomía estatal
mais tamén parecía que a gañaban as mulleres sen pelo.

No final da rúa onde a xente de sempre afogaba
había máis vida que nas casas propias.

Cando o ceo cantaba
o pobo enteiro bailáballe a épocas antigas.
Pode ser que a épocas mellores,
pode ser que ahí houbera beizos máis contentos

Unha paisaxe mística comezou unha terapia
para non perder tanta personalidade e autoxestionar o conflicto.

Un cativo alegre, 
perpetúa o descontrol da loxística da cidadanía enteira,
cando sinte o amor.

As masas,
amasan
amansan
e cansan.

O tempo, 
o bo
o malo
a brevidade do tempo.
Eso inda parece que non se merca,
como as ideas da conciencia plena.

Unha mata de árbores encendidas
unha illa en coma
un berce durmido en espanto,
un ollo cego de tanta raiba.

Ás veces parece
que nada existe.
Ás veces existe todo con demasiada forza.

Se pensamos,
todo carece de explicación aparente.

Todo pasa cando todo cesa.

A vida pasa,
nós pasamos,
pousamos
amamos
abortamos misións suicidas,

e conectamos co mundo.

Só é nesa sincronía,
nese intre armónico e real,
cando o mellor respiro de aire,
entra para salvarnos.

Cando respiramos 
ese ollo cego de raiba,
vaise do enfado.

Alí, onde berrábamos 
foi onde nunca escoitáramos nada.

Publicación destacada

Edén, te esperamos en mayo :D

 Embarazo Tami. 30 semanas 29 años y un embarazo