https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

sábado, 25 de abril de 2015

II

Está a man prostituta do poema,
A sabrosa salvaxe que fai da mente a súa delicia
E conforta con tranquila inxeción de dopamina a corva navalla.
Afílaa de xeito que modula soa
E babea coma can ansioso
Para chuspir a verdade que a meiga ten que berrar.
Que terapéutica urbana paisaxe na túa rúa
Que terapia a esos ollos cheos de mar latente de carencias ideais,
Imaxes comúns e dependents doutro mundo
Sedentas de sexo e nicotina
Sen outro apetito visual que non sexa tension divina
As túas máxicas dotes impregnadas de luxuria caprichosa e indomábel.
A esta man seductora,
A esta parte do poema.

É a pronunciada clemencia de voltear o mundo.


xoves, 23 de abril de 2015

XVII

Os nenos deixaron as pegadas.
As nais deixaron o leite que non lles deron de mamar.
As pedras romperon de amor de tanto erosionar por mor da auga salgada.
Os vellos regularizáronse por culpa dun dictador.
Os pendentes mudaron de posición e tamén de forma, por rebeldes.
Cambiaron as modas
E choran as nosas mágoas igual que choramos nós.

Eso non cambiou.

Raiba, moito máis que raiba

A lua lueira non brila, e xa non me axuda mirar os cráteres escondidos que me impiden ver a súa extravagante faceta de arco da vella que me inspiraría forza noutro momento que non é agora.
É insostible o cambio, é marea o desencontro axeno.
É merda o que recorre o encontro.
Suspiros alados de supervivencias mal vividas por todos nós, que non somos máis que auga e pouco máis.
Derrocada pola vida, que incredulidade a minha, que malvivencia que nos atrapa por una elección basada no morbo.
Reembolsaría o lume para ver si así me topaba con menos cinzas cando chegue a hora final.
E se non topo solución ao entramado relixioso ou pagano no que sen querer din pé este pasado inverno, que me queimen por bruxa,
Que me alumeen ben,
Que me berren tola,
Que igual así, candomenos, ardo ben, e deixo caladas unas cuantas bocas.
Non é instinto maternal, nin burla artifial o que me conmove nestas linhas,
Se non raiba, moito máis que raiba.


mércores, 22 de abril de 2015

Adoro e detesto

Como un cigarro mal cosido por un adicto á dor eu escríbote esta manhá a ti, peixe de boca salgada.
Son catro os puntos cardinais,
son catro as películas que chorei,
son catro os amores que desexo,
son catro as cores que inventei.
Son vinte anos de experiencia,
son varias as persoas ás que quero,
son sete días que ten a semana,
pero son oito os que eu penso.

Non son das que choran coa facilidade de sorrirlle a un neno,
aínda que ás veces cedo...

Se caio, incorpórome e levántome, coma se fose sinxelo.

Adoro viaxar, adoro soñar, adoro rir, adoro cantar, virar, tolear, adoro bailar, adoro tremer de impaciencia, adoro as sorpresas, adoro o marrón, adoro as fotos en branco e negro, adoro as cores que brilan, adoro as luces, adoro os días, adoro as noites, adoro medrar, adoro comer bolachas, adoro beber licor café, adoro ver películas a diario, ás veces adoro chorar, adoro os libros interesantes, adoro xogar a ser feliz, adoro que a xente xogue a quererme, adoro mirar a lúa chegar e irse, adoro o fume das caladas cando debuxan sonhos, adoro descalzarme, adoro peitearme para despois despeitearme, adoro os iogures de coco, adoro abrazar e que me abracen, adoro a felicidade, adoro estar na ducha miles de minutos, adoro o xabón, adoro saír e adoro chegar, adoro os lápices de cores, adoro a lúa, adoro pintarme as unllas de vermello, adoro todo o que non é rutina, adoro a sensación dun porro, adoro escribir e que sexa un segredo, adoro escoitar, adoro ordenar os meus cigarros na pitilleira que a menudo perdo, adoro observar, adoro os gorrinhos de la, adoro estar na cama e pensar moito en cousas bonitas e tristes, adoro que un bebé me agasalle con sorriso, adoro comer pistachos, adoro o café e tamén o té, adoro os sorrisos de verdade, adoro que confíen en min, adoro confiar,
adoro adorar o adorable.

Pero en cambio detesto máis.

Detesto a inxustiza, detesto a fame, detesto o consentimento en exceso en fillos malcriados, detesto o Nadal, detesto o consumo, detesto a cobardía, detesto a riqueza que non corrixe a pobreza, detesto o rosa pastel, detesto aos malos, detesto que me detesten, detesto cocinhar, detesto que me esperten en metade dun soño, detesto que me miren máis dun minuto aos ollos, detesto estar cansa, detesto mentir e que me mintan, detesto a xelatina, a heroína e a tristeza. Detesto chorar de pena, detesto a matanza taurina, ás veces detesto o absurdo, detesto o cheiro intenso a unha colonia cargante, detesto o silencio dun ascensor, detesto a choiva e ás veces detesto o sol, detesto que fumar mate, detesto o insomnio, detesto madrugar, detesto a inseguridade, detesto a pesadez, a excesiva confianza e a cinza. Detesto a pobreza creada sen necesidade, detesto a falta de criterio, detesto detestar, detesto as costas, detesto lavarme os dentes, detesto os parachuvias, detestarei a obesidade mentres siga habendo xente que morre de fame, detesto o baleiro, a nada, detesto non comprender, detesto as árbores sen historias que contar, detesto o ruído, detesto a maquillaxe que esconde caras, detesto non saber que dicir, detesto colorear, detesto o maltrato, detesto os domingos, detesto o querer e non poder, detesto asustarme, detesto esperar, detesto o descontento das masas, detesto o sufrimento consentido, detesto o rin e o ron, detesto o enfado sen motivo, detesto todo o detestable por non ser adorable.


XVIII

Coqueta ilusión desprendida da nena que outrora fun
mundos opostos nas veas dun adicto á adicción da túa boca.
Xestos de sereas que atrapan cos seus cantos felices a tristura de marinheiros que foxen de realidades doorosas;
Mundos extrapolables a realidades diferentes de persoas que non saben;
Bailes de mulleres, de bonitas mulleres que coa súa danza amedrentan aos demos dos corazóns rotos por huranhos;
Cinceiros cheos de bágoas cor prata causadas por mortes prematuras de espíritos aínda incompletos;
Xirafas que non alcanzan os ceos máis claros;
Dores sen causa, dores felizmente casadas con mentiras sinistras e malhumoradas.

De cousas tan simples como saltar.

O ruído dun beixo rozando a pel do máis estranho amor do Edén,
os teus dedos dos pés cando se encollen por medo a deixar de querer aos teus amores esquecidos por lugares incognitos,
 onde nin ti mesma saberías revolver.

De cousas tan simples como observar
naceu a túa docura na minha pupila dereita.

Revelemos os nosos segredos á humanidade, corramos xunto dos animais para que eles poidan guiar as nosas almas.
Vaiamos en busca da felicidade que todos buscan en sinais de autobuses dirección eternidade."


Publicación destacada

Edén, te esperamos en mayo :D

 Embarazo Tami. 30 semanas 29 años y un embarazo