https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

luns, 20 de abril de 2015

XIV

Vin un lóstrego esta tarde.
Un lóstrego negro e perfecto en forma de coraxe.
Mais caíu de súpeto, sen luz, sen drama, sen caricatura, sen vida.
Soou como quen oe desplomarse un continente, mais non o sinte.
Perplexo, carente de sentido e de fume.
Como a mirada que esconde máis medos que risas.
Como o fumador sen certo toque rasgado na pel.
Como cereixas sen companheira de caída.
Soa tan indecentemente suave que derramou todo o meu mundo.
Derrubou todos os meus sonhos e fixo de min un borrego do clima.
Un borrego do tempo.
Un borrego da vida.
E matoume.

Ese lóstrego, matoume.

2 comentarios:

  1. intenso todo, bonitos, e un pésimo(quizais por non crelo), nada e simple, sobre todo xulgar, non o deberíamos facer, aínda que nos teñamos preparado, condicionados, arbitrariamente, eliximos, o bo e o malo, o mellor e o peor, o branco e o negro, a luz e a escuridade e no medio tan só unha escala de grises, mais aínda hai cores que escapan ó xuízo. e tan fácil clicar, hoxe en día, case tanto como valorar ou xulgar, pro só quería escribir "Apertas"... e saudades!.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Agradecida polo comentario, os grises coloreados a sociedade fai que ás veces sexa difícil velos, nuns momentos máis que noutros, mais concordo, non imposíbel! Apertas e sorrisos para ti tamén esteas onde esteas (e sexas quen sexas)!

      Eliminar

Publicación destacada

Edén, te esperamos en mayo :D

 Embarazo Tami. 30 semanas 29 años y un embarazo