https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

mércores, 22 de abril de 2015

Adoro e detesto

Como un cigarro mal cosido por un adicto á dor eu escríbote esta manhá a ti, peixe de boca salgada.
Son catro os puntos cardinais,
son catro as películas que chorei,
son catro os amores que desexo,
son catro as cores que inventei.
Son vinte anos de experiencia,
son varias as persoas ás que quero,
son sete días que ten a semana,
pero son oito os que eu penso.

Non son das que choran coa facilidade de sorrirlle a un neno,
aínda que ás veces cedo...

Se caio, incorpórome e levántome, coma se fose sinxelo.

Adoro viaxar, adoro soñar, adoro rir, adoro cantar, virar, tolear, adoro bailar, adoro tremer de impaciencia, adoro as sorpresas, adoro o marrón, adoro as fotos en branco e negro, adoro as cores que brilan, adoro as luces, adoro os días, adoro as noites, adoro medrar, adoro comer bolachas, adoro beber licor café, adoro ver películas a diario, ás veces adoro chorar, adoro os libros interesantes, adoro xogar a ser feliz, adoro que a xente xogue a quererme, adoro mirar a lúa chegar e irse, adoro o fume das caladas cando debuxan sonhos, adoro descalzarme, adoro peitearme para despois despeitearme, adoro os iogures de coco, adoro abrazar e que me abracen, adoro a felicidade, adoro estar na ducha miles de minutos, adoro o xabón, adoro saír e adoro chegar, adoro os lápices de cores, adoro a lúa, adoro pintarme as unllas de vermello, adoro todo o que non é rutina, adoro a sensación dun porro, adoro escribir e que sexa un segredo, adoro escoitar, adoro ordenar os meus cigarros na pitilleira que a menudo perdo, adoro observar, adoro os gorrinhos de la, adoro estar na cama e pensar moito en cousas bonitas e tristes, adoro que un bebé me agasalle con sorriso, adoro comer pistachos, adoro o café e tamén o té, adoro os sorrisos de verdade, adoro que confíen en min, adoro confiar,
adoro adorar o adorable.

Pero en cambio detesto máis.

Detesto a inxustiza, detesto a fame, detesto o consentimento en exceso en fillos malcriados, detesto o Nadal, detesto o consumo, detesto a cobardía, detesto a riqueza que non corrixe a pobreza, detesto o rosa pastel, detesto aos malos, detesto que me detesten, detesto cocinhar, detesto que me esperten en metade dun soño, detesto que me miren máis dun minuto aos ollos, detesto estar cansa, detesto mentir e que me mintan, detesto a xelatina, a heroína e a tristeza. Detesto chorar de pena, detesto a matanza taurina, ás veces detesto o absurdo, detesto o cheiro intenso a unha colonia cargante, detesto o silencio dun ascensor, detesto a choiva e ás veces detesto o sol, detesto que fumar mate, detesto o insomnio, detesto madrugar, detesto a inseguridade, detesto a pesadez, a excesiva confianza e a cinza. Detesto a pobreza creada sen necesidade, detesto a falta de criterio, detesto detestar, detesto as costas, detesto lavarme os dentes, detesto os parachuvias, detestarei a obesidade mentres siga habendo xente que morre de fame, detesto o baleiro, a nada, detesto non comprender, detesto as árbores sen historias que contar, detesto o ruído, detesto a maquillaxe que esconde caras, detesto non saber que dicir, detesto colorear, detesto o maltrato, detesto os domingos, detesto o querer e non poder, detesto asustarme, detesto esperar, detesto o descontento das masas, detesto o sufrimento consentido, detesto o rin e o ron, detesto o enfado sen motivo, detesto todo o detestable por non ser adorable.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Publicación destacada

Edén, te esperamos en mayo :D

 Embarazo Tami. 30 semanas 29 años y un embarazo