https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

martes, 21 de abril de 2015

Brava muller

Se hoxe non camiñas cara a tristeza de seguir avante
Quen esperas que recolla o lastre?
Quen pretendes que volva a traizoar o que che quedou de ilusión incerta?
Brava, mulher digna de ser tal.
Atende a dúbida de ser cobarde, atende o medo ao inesperado do sufrimento, sé digna dunha loita tan activa coma túa
Deixa a pena do maldito nunha sociedade dada por un mal século tocado
Resbala ante o triunfo do mal parado
Queima a vida máis do que xa a queimaron.
Agocha o doce, agocha o sexo que torturan por ser pracenteiro e ilegal, agóchao mentras berras como o fas.
Renega da paixón do cutre, sinte o ouvido da loba que guiou camiños ante notarios,
Mexa por onde outros soltaron flores
Ri do que nunca che deron roubado.
E oxalá cando tremas de frío e che deixen a roupa mollada,
Vivas tanto como eu din vivido, queiras tanto como quixeron os que naufragaron.
Minha peza de pan tan reseso coma estridente, amedrenta os malos retonhos
Dunha leria que xa aprendeste
Cando o rezo era obligatorio.
Vela polo desamparado e non chores polo vergonhento, que sen mozas que teñan loitado,
Seguirá sempre habendo lamento.
Eu perdín o que menos quería
Eu sentín o lum nas veas de seda que me tecera a bruxa do barco
Un navío sen redes, sen meta,
Un navio desamparado.
Oxalá que nos vaia de medo, e que o medo acabe coa vida.
Que se a vida fose regalada, a ver quen era o valente que a vendería.
Unha man sen coitelo non come,
Un paspán sen mulher non caminha
Unha nena sen pai non se droga
Unha vida sen fin non caminha.
O regreso da luz non existe.
Os berros da raiba xa pasaron de moda
A xente xa non sabe caprichos
Os caprichos son tempo de escoria.
Ouveaba a chicha do vento, ouveaba a canción da estepa,
Recurrín varias veces o xuízo.

E perdín para sempre a sentenza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Publicación destacada

Edén, te esperamos en mayo :D

 Embarazo Tami. 30 semanas 29 años y un embarazo