https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

martes, 21 de abril de 2015

Sonhando, logreino

Escoitei un asubío dende o cumio do paraíso idílico no que me encontraba aquela tarde de domingo.
Voando en sonhos, decidín dar caza a un deles,
pero fracasei.
Tremores de dúbidas encheron as minhas pupilas.
Desconcerto.
Frustración.
Debuxei unha fonte para calmar a minha sede de veleno mortal e divulguei a noticia da minha decisión fatal aos heroes da bisbarra.
Recomendáronme outro intento.
Dubidei.
Negueime e aceptei.
Aceptei con ansia de vencer a sede que parecía non se saciar nin mirando a perfección dunha bolboreta en pleno voo.
Comecei, e ao intentalo, fracasei.
Fracasei de novo, aínda que case rozando o sonho.
Esvaecinme, por covarde.
Sen corpo, sen fe, sen nada.
Caín nun pozo, outra vez.
E a sede vencía ao sonho, e o sonho, non quería ser cazado por un pirata egoísta que dicía ser dono dun navío aínda sen construír.
A pesar de todo, loitei.
32 días e 19 noites loitei, e á fin decateime.
Comprendín todo, reinventeime.
Collín a minha frecha, o meu escudo, a minha lanza, o meu arco e a minha venda e destruínos.
Ao momento, chorei.
Souben que era o final, á fin e ao cabo, era un ser mortal.
Prostreime no meu xardín recén forneado e durminme. Sabía que ese sonho era para min.
Souben que o meu sonho evitaba ser cazado porque así fora plantexado.
E ao durmir, sonhando co meu sonho, sonhei que por min era sonhado.
E vaia se o logrei.
Á fin ao meu sonho cacei,

xamais espertei.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Publicación destacada

Morirse

Hay algo en la memoria de los fallecidos que siempre me ha retorcido la lengua La manera tan sutil de herir solo con un recuerdo es demoledo...