https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

mércores, 2 de setembro de 2015

El arde enfeitizando insectos

Detrás da marioneta que lle regalei ao meu irmán no seu segundo aniversario,
A parte de parede como a herba,
Teño un chaleco de rebelión contra o “non ao aborto”
Tenho tamén lembranzas
Ata teño despertares detrás dunha ventá onde el enfeitizaba insectos,
Onde movía o relieve con follas secas,
alzando un pezón mentres o outro durmía por causa das sombras e do viño.
El mirábame só cando se derrumbaba,
E derrumbáme tamén.
Sufría,
mais adoraba o seu lamento afeminado e disperso.

Vestía de alcol e sexo,
 Mentres el
bicaba o sol cos seus ollos pechados,
onde a bruma fugaz e eterna do seu sexo se exhibíu noutras mulleres.

El arde enfeitizando insectos,
Mentres eu, sigo prendendo a chama con máscaras.

Sei que mirándoo, realmente sempre estiven soa,

e sinto na boca o regusto da súa carne queimada.

O lobo alado deixou de galopar

Galopaba a lomos do lobo alado con cresta lilás e verde
Agarraba con forza os cornos que chegaban á lúa cada vez que se alzaba nos ceos.
E ela,
sempre mirando fixamente ao infinito,
sorría cos aires dunha gaivota burguesa e chea de melancolías acorde coa idade.

O vento lambía o rostro do falso corcel e o da cativa de máis de trinta décadas reais,
A comunicación entre eles nunca fora verbal.
Eran gas no ar do país dos peixes reptilianos.
Mais de súpeto o caminho dos instrumentos cos que foran chocando
tambaleu
tambalearon os astros, as luces, os medos e as iras,
tambalearon os osos e ata as pequenas sardinhas escuras,
tambaleou o todo,
ata que,

PLAS!

O lobo alado deixou de galopar
e a menina,
xa mutilada,
nunca máis voltou mirar ao infinito do ceo.


domingo, 30 de agosto de 2015

O paxaro, coma o futuro, nunca existiu

Hoxe culminei unha frustración vital entre tantas
Queimei parte dun pasado aterrador
Sorrín de medo e chorei de emoción.
E o paxaro do tempo,
Moi perspicaz el,
Regresou do país dos esperanzados.
E brindei con el pola festa.
Brindamos coas uvas e co pitillo diario,
Recollimos todas as historias que se foron repetindo co paso dos anos e mofámonos da vida.
Mofámonos das marcas que nos teñen dominados,
Mofámonos do microclima que ten o noso país que tanto amamos
Mofámonos da policía local máis que da nacional,
Mofámonos das malas linguas e dos malos amantes cos que fomos batendo,
El mofouse moito da merda de vida que ten un paxaro sen apego
apego do que precisa o humano,
apego das nais cando inda non razonas,
ese apego tan puro e innato que co tempo se vai.
Mofámonos das 1000 e unha noites e dos menos de 99 días que son precisos para contalas.

Mais o mellor da velada foi mofarse de nós mesmas,
Sempre con moito respeito.

A verdade bolboreta,

É que o paxaro, coma o futuro, nunca existiu.

Publicación destacada

Edén, te esperamos en mayo :D

 Embarazo Tami. 30 semanas 29 años y un embarazo