https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

sábado, 16 de maio de 2015

Este tenro pexego

Este pexego seco que non responde ante a tardía chamada
Este verbo que soa a folga contra a vencida morena da parada de autobús
Para rescatarnos sobran os trámites sen dor de Nepal,
Esta dura tarefa que é medrar mal, acorde cos tempos
Esta gabardina impregada de alegrías simples
Este medo ao desconhecido.
Este irritante xeito de madrugrar sen ter ningún tipo de compromiso.
Esta meta que chaman triunfar.

É o que ao pexego inda lle queda por madurar.

venres, 15 de maio de 2015

O arte como pracer, non tormento

Para que o arte sexa pracer e non tormento
Ponhede os cartos onde está o talento.
Liberade.
A xente informada e formada
A comunidade unida
A educación cualificada
A non sumisión
O poder popular
A rebeldía masificada e organizada
O triunfo dos rebeldes
Este é o pracer
Ese é o non tormento,

É a nosa utopia pintada de innumerable e innegable talento.

mércores, 13 de maio de 2015

O sol namorado da lúa

Sol.
Xa son días baleiros de recordos pouco gratos sen memoria,
carentes de papel escrito con ecuacións matemáticas que adiviñen o camiño dos meus pasos ao fuxir da melancolía de non verte,
teño ata fríos os ósos da miña gravata transparente dos domingos, a que me puxen para ir ao enterro da túa ida sen regreso á tea que xuntos tecemos aquela tarde de verán tecleando con aneis os nosos nomes na area queimada polos homes clandestinos coma min.
Fun felíz,
pero nada é eterno,
aínda que corrixo,
eu coñecín a eternidade no salón da túa casa, no acubillo da túa almofada, na túa mirada traviesa do mesmo xeito que as túas xogadas,
morena.

Lúa.
Bonito sorriso regalado en momentos de tempestade absurda por malos amores carentes de rutina.
Bonito rexeitamento me deches aquel día no que eu quería durmir ao teu lado cun sinal que guiase os pasos de dous personaxes sobreactuando.
Non comamos máis sonhos inflados de enfermidades sen dor aparente,
que un día soñei de máis,
soñei de máis ao sonhar con verte.
Borrarei as pegadas daquelas historias de versos afastados,
de linguas de lume que malia as horas baleiras de dúbidas, nunca se xuntaron.
Corre xitana, corre, que ao buscar con desexo o rostro bonito do maior cobarde que rozou o teu corpo
quizais te topes cunha nube tostada namorada do lume.
Quixen soltar todo o osíxeno nunha calada de vida,
sen darme conta que son sete as que teñen que dar os gatos que corren cada noite fascinados e sen medo ao abrigo da lúa para decorar os nosos cadros.

E ao determe no instante no que sentín as plumas de dúas aves rozando o meu lóbulo dereito, decateime de que son dúas as razóns que iniciaron aquel conto con xogadas do momento.

martes, 12 de maio de 2015

VII

No tempo en que coñecín a María,
Inda era un século a ben comezar,
Pasara o malo, e tendía o bo,
Ou quizais eso nos achegaban as malas linguas.
Dalquela, eu inda empregaba luvas e parachuvia,
Eran tempos de riaxe e malos aires nordeños,
Polo que de café en café no bar de sempre,
Coñecín a María.
Leda, inquieta, saturante, templada e adorable muller de faldas longas e camisas tan floreadas coma estridentes.
De fala en fala,
De verso en verso,
Cada sorbo de café era menos quente que o anterior,
Mais nunca foi monótono.
Era boa muller, gran muller.
Un día,
chegou menos risoña e absorvente do habitual.
Eu, sorpendida,
regaleille un beixo e pregunteille con doces verbas o motivo da sua cara triste.
E dígovos ben seria e ben firme que dende aquel día,
que xa foi fai moitos invernos,
Nunca máis vin a María.

-“Pásanme tantas cousas, pásanme centos de malas ideas,
pasoume inclusive un paxaro o outro día pola cabeza que me saudou chorando e fiquei tesa.
Penso que xa nin me aguanto a min mesma nos domingos bos e nos luns malos.
Tento suscribirme a espantosos traballos no xornal da comarca,
Pero,
Eque non quero seguir vivindo tan descontenta,
Realmente apúrame o sacrificio de non ser María,
A María que eu quero.
Polo tanto voume ir visitar unha lagoa que di ser paraíso para os que sofren migrañas vitais coma min,
Partirei manhá.
E hoxe, pois pásame eso,
Pásame que non pasándome nada excesivamente importante,
Sinto que nada ten sentido.
Fixen unha maleta de pouca cousa:
dous pares de camisas,  unha chaquetinha para as noites, mudas de roupa interior elegante, non vaia ser que polo caminho de en namorar e non vaia lista,
deportivas, zapato fino e un libro para momentos de soidade acompanhada.
E non levo máis.
Tentarei tamén deixar todas as cousas que me pasan e ir só cunha na cabeza,
Canto máis lixeira, antes chego.
Darling bolboreta minha,
eso é o que me pasa.
Son unha descontenta co mundo que foxe con máis ideas que bártulos a outra lagoa.
Fuxo do capitalismo,
fuxo de min e de ti.
Fuxo de todo o tempo que estamos perdendo sen facer nada ante mercenarios que acabarán co noso aguante tarde ou cedo.
Simplesmente marcho.”

A día de hoxe, de cando en vez,
inda lembro o seu cheiro a tabaco pinzado,
a Winston,
a orgullo de pertencer ao proletariado.

luns, 11 de maio de 2015

A vida é unha mentira piadosa

Decidín que a vida é unha mentira piadosa, desas que ata é necesario contar de vez en cando.
Decidín que chove porque hai que limpar o mundo de desgracias e de desgraciados coma min.
Decidín moverme para que as unllas dos pés non se me oxidasen co tempo.
Vin tanta dor e tanto medo que decidín facerme valente e sorrinte como as heroínas que salvan o mundo en dúas horas.
Quixen deixar o meu pasado atrás, pero perseguiume sempre.
É algo que hai que aceptar, sen máis cor que a da túa mirada de ollos morenos.
Preciso unha man máis, que con dúas non dou collido nada máis que aire e chuvia.
Preciso máis tempo, menos cartos e máis vida.
Quero liberdade,
pero en exceso,
é inmensa soidade.
Precisamos sincerarnos co corazón, coa brisa e co veleiro no que marchou o meu sonho xa fai algo máis dun tempo prolongado.
E que si non fora polas verbas que me din que merece a pena,
O meu sonho,
Xa faría máis dun ano que morrera.
E con el morrería a illusion, a alegría.

Con el morrería a vida, 
a minha vida.

Publicación destacada

Edén, te esperamos en mayo :D

 Embarazo Tami. 30 semanas 29 años y un embarazo