https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

martes, 12 de mayo de 2015

VII

No tempo en que coñecín a María,
Inda era un século a ben comezar,
Pasara o malo, e tendía o bo,
Ou quizais eso nos achegaban as malas linguas.
Dalquela, eu inda empregaba luvas e parachuvia,
Eran tempos de riaxe e malos aires nordeños,
Polo que de café en café no bar de sempre,
Coñecín a María.
Leda, inquieta, saturante, templada e adorable muller de faldas longas e camisas tan floreadas coma estridentes.
De fala en fala,
De verso en verso,
Cada sorbo de café era menos quente que o anterior,
Mais nunca foi monótono.
Era boa muller, gran muller.
Un día,
chegou menos risoña e absorvente do habitual.
Eu, sorpendida,
regaleille un beixo e pregunteille con doces verbas o motivo da sua cara triste.
E dígovos ben seria e ben firme que dende aquel día,
que xa foi fai moitos invernos,
Nunca máis vin a María.

-“Pásanme tantas cousas, pásanme centos de malas ideas,
pasoume inclusive un paxaro o outro día pola cabeza que me saudou chorando e fiquei tesa.
Penso que xa nin me aguanto a min mesma nos domingos bos e nos luns malos.
Tento suscribirme a espantosos traballos no xornal da comarca,
Pero,
Eque non quero seguir vivindo tan descontenta,
Realmente apúrame o sacrificio de non ser María,
A María que eu quero.
Polo tanto voume ir visitar unha lagoa que di ser paraíso para os que sofren migrañas vitais coma min,
Partirei manhá.
E hoxe, pois pásame eso,
Pásame que non pasándome nada excesivamente importante,
Sinto que nada ten sentido.
Fixen unha maleta de pouca cousa:
dous pares de camisas,  unha chaquetinha para as noites, mudas de roupa interior elegante, non vaia ser que polo caminho de en namorar e non vaia lista,
deportivas, zapato fino e un libro para momentos de soidade acompanhada.
E non levo máis.
Tentarei tamén deixar todas as cousas que me pasan e ir só cunha na cabeza,
Canto máis lixeira, antes chego.
Darling bolboreta minha,
eso é o que me pasa.
Son unha descontenta co mundo que foxe con máis ideas que bártulos a outra lagoa.
Fuxo do capitalismo,
fuxo de min e de ti.
Fuxo de todo o tempo que estamos perdendo sen facer nada ante mercenarios que acabarán co noso aguante tarde ou cedo.
Simplesmente marcho.”

A día de hoxe, de cando en vez,
inda lembro o seu cheiro a tabaco pinzado,
a Winston,
a orgullo de pertencer ao proletariado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Publicación destacada

Morirse

Hay algo en la memoria de los fallecidos que siempre me ha retorcido la lengua La manera tan sutil de herir solo con un recuerdo es demoledo...