https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

xoves, 7 de maio de 2015

Heroína

As dúas culleres tremen á vez mentres a calor consume o que a ti xa te consumiu fai anos,
mentres xogabamos co lume que xa nos queimou fai máis dun onte.
Todo comeza cun xogo que che evade cara ao Edén da lúa,
todo comeza sen maldade, 
é rápido, 
traizoeiro 
e ás veces ata chega a ser mortal.
Non encontraches sosego no amor, 
tampouco na amizade, 
a familia era de etiqueta, 
simplemente familia por legalidade,
sen máis.
Quixeches lograr os teus sonhos, 
chegar á universidade, sen decatarte que ao cumprilos,
caiches sen querer ao pozo do esquecemento,
por cobarde.
Non quixeches volver a loitar, 
pero ti non eras así,
eu conhecín a túa alma guerreira, a túa alma sonhadora, 
coñecín o teu eu transparente.
O de agora é branco e voa.
Cando só bebías por pracer, 
cando te divertías sen pos máxicos, 
cando iamos pasear até que empezaba a chover, cando a túa idade remataba en oito, cando me contabas que eras feliz,
aínda que non fose en exceso.
Cando cada triunfo teu era o sorriso dun pobo enteiro.
Cando eras ti,
ti con alma,
ti vivindo!
Eran bos tempos.
Agora no cárcere dos corazóns rotos e malferidos estás,
triste, sen peso e sen personalidade.
Caíches con rodíns, 
non soubeches calcular a distancia entre o absurdo e o real
e cando quixeches decatarte
xa nin sabías que era o que realmente facías mal.
Só consumías as mentiras dunha falsa e maltreita felicidade que para ti era como un sonho feito realidade.
Xa non es a minha outra pegada,
xa non es como queres.
Es a adicción dun morto en vida,
es a necesidade da puta cocaína.
E agora eu tamén me vou como eses pos que acabarán coa túa existencia.
Adeus.
Eu voume, 
pero ti se podes, regresa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Publicación destacada

Edén, te esperamos en mayo :D

 Embarazo Tami. 30 semanas 29 años y un embarazo