https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

lunes, 4 de mayo de 2015

XLII

Comentaba unha ilusa nena á que eu adoitaba alimentar de cando en vez que cría nas caricias de persoas repletas de corazón, feitas de corazón, formuladas en enigmas musculares, repletas de latexos inconstantes e tan libres coma o vento cando chora pola esquina menos vista dunha rúa.
Dicíame que de maior sería máis humana que a raza en si,
máis valente que unha rocha que se pasa a vida loitando contra o mar,
máis bonita que unha nube de película,
máis lista que os allos cos que matou o vampiro que intentou roubarlle o sangue que por dereito lle fora concedido,
máis áxil que o latex co que os curas tenhen tantos problemas e prexuízos absurdamente incomprensibles,
máis risonha que o sorriso da felicidade en si.

Eu non quixen amedrentala con argumentos realistas ou simplemente adaptados ao drama dunha vida,
E calei,
coa mirada perdida no naufraxio do sorriso coa que ao facelo lle roubei.
Seguiu parpadeando,moi rápido,
Coma se estivese a intentar alcanzar un lince que lle escapaba cada vez máis das súas pupilas;
Desas pupilas que de tan negras eran ata doces,
como a sacarina dun planeta feito soamente de mel integral.
Seguiu falando da súa utopía infantil, pero sensata e con madureza asociada ás verbas coas que adornaba as súas ideas.
Cativoume tanto.

Era simple.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Publicación destacada

Morirse

Hay algo en la memoria de los fallecidos que siempre me ha retorcido la lengua La manera tan sutil de herir solo con un recuerdo es demoledo...