https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

sábado, 8 de agosto de 2015

Agora xúlgueme, agora fágao sen piedade.

-Tiña fame, e sí, fíxeno porque tiña fame. O acordado polo contrato acadado entre todas non incitaba a facer tal neglixencia, máis señor xuíz, se non tivese fame non tería cometido tal barbarie. Non teño excusa nin pretexto para culpabilizarme.
Narrei de novo a historia pretendendo acadar a empatía dun público xa manipulado por unha formación marcada por un colectivo alleo a min,
un colectivo que xamais entendería a necesidade, a impureza, ou a sede de vinganza das tipas coma min;
Xente escura e chea de rancores, xente cunha imensa necesidade de amor foráneo máis que propio, xente ruda, xente sen luvas e con cicatrices que non teñen por qué ser físicas, xente cun ego tan xusto que arman un utópico planeta cheo de común, xente que viste como pode pero con máis estilo que as que poden máis, xente que ten tanto corazón que non ten espazo para cartos legais, xente que viu máis dor que cine español, xente cun tremendo trauma de autoestima, xente que merece a morte e vive máis só por vinganza e rebeldía.
Xente inconexa e incomprendida.
-A miña excusa foi namorar do inerte señor xuíz, namorei tanto da vida que nun ataque de rebeldia contra unha parte de min mesma tentei sorrir, e saiume o crime.
Confíe no que lle conto, só estaba xogando a ser princesa.

.......................................GZ........................................


Cando recurrín de novo a sentenza o xuíz mirou de esguello para min como querendo exclamar, maís sempre gardando as formas. E con melancolía e mirada de frustración afirmei. Certa ironía recubriu os nosos corpos e esbozamos un sorriso minúsculo e sádico para ocultar o pánico q corrompía constantemente os sonhos mutuos. 

-Volvín caer no pozo da xustiza, mais desta non podo caer mais baixo senhor xuiz, agora xúlgueme, agora fágao sen piedade.

xoves, 6 de agosto de 2015

Subidón de autoestima enganado na estabilidade do feminismo


A reminiscencia do absoluto foi dada polas companheiras de viaxe,
pola herba da caída e polo sosego da aterraxe ao inframundo dos novatos.
O polo oposto do servizo militar tamén é inestabilidade,
inclusive o momentáneo do paseo pola praia máis alta da Galiza.
O rulo do bebé que alouminha inocencia e amor nato
doe cando medra e trastorna o bonito do simple.
Porque cando queremos ter amor,
damos amor?
Ou esperamos egoístamente recibilo como a raza nos manda?
Suplimos carencias con excesos ou idealizacións.
E eso,
paseninho e sen dilema.
Está tan mal como cantar baixo a choiva.
Con frecuencia penso no amor propio que acaparo,
agonizo sen reparo o meu propio dano,
e o subidón de autoestima enganado na estabilidade do feminismo,
non é que me aterre,
me aprisiona
e fríamente me restrinxe na fe do rostro do que amo.

Foi o polvo que nunca comín,
era o dono da manta no inverno.


mércores, 5 de agosto de 2015

Tanteemos o paso da depresión

Tanteemos o paseo da depresión adulta e inconstante,
permitíndonos así un duelo entre dous egos.
Rastrexemos o indomábel do poder xenuino dun neno en celo,
e sorteemos o pracer de contalo.
Queimemos o ruído do tapíz de lua menguante que decora o meu cuarto,
e mentres a chama prenda,
berremos.
Berremos alto e sumiso,
os vecinhos nunca foron donos da culpa dos poderosos.
Vistámonos acorde ao luto da ocasión,
máis nunca de negro.
A morte xa é demasiado dura como para ter que lembrala.
Quizáis se o tucán me chiscase o ollo esquerdo,
saltaría de medo e choraría de alegría.
Pero non é o caso.
Tanteemos o paso da depresión xuvenil e constante
e igual así o poema acade sentido.


Publicación destacada

Edén, te esperamos en mayo :D

 Embarazo Tami. 30 semanas 29 años y un embarazo