https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

xoves, 3 de setembro de 2020

Tiven cóxegas

Tiven cóxegas

cando pensei en tanto luto
de tantas miradas que non pousaban firmes.
Tiven medo cando vin que todo voltaba a poñerse feo
Tremín un bocado porque o tempo pasaba rápido
e tentei disimular tanto rebumbio de traxicomedia para sortear o momento,
polo que dirán
...
Cando traguei o aire todo
e morrín coa dor do ventre
Voltei esquecer as balas
e mirei ao corazón,
a escoitar o palpitar
ese,
que ao longo do día,
se escoita menos do que se fala
A pena do corazón ninguén a escoita
a alegría só se maldisfruta
Entendédeme ben,
non todas temos un arte especial para amar
Está a vida como para saber amar,
sabemos crear parodias de amor
para poder capitalizalo todo,
porque morrer no intento de non facelo xa non parece valente.
As bacterias do ambiente saíron tamén do noso corpo
para atacar forte
ahí,
onde nos doe a todas,
e así recuperar o control.
Que dinámicas xerou a vida,
co simple que parecía avanzar
e damos voltas todo o tempo sobre o noso eixo
voltando ao punto inicial constantemente,
voltando a nós mesmas.
Con maleta,
con zapatillas fortes para coller ritmo
con arte pandémica
e coa boca chea
para que o camiño non acelere demasiado
e ninguén sufra.
O conto colorado que nos contaban,
xa non existe,
nunca pasou
pero a ficción sí,
e estamos vivindo moita ficción últimamente.
Péchase a porta,
VOX entra no goberno.
CONTINUARA...



Publicación destacada

Edén, te esperamos en mayo :D

 Embarazo Tami. 30 semanas 29 años y un embarazo