https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

mércores, 13 de maio de 2015

O sol namorado da lúa

Sol.
Xa son días baleiros de recordos pouco gratos sen memoria,
carentes de papel escrito con ecuacións matemáticas que adiviñen o camiño dos meus pasos ao fuxir da melancolía de non verte,
teño ata fríos os ósos da miña gravata transparente dos domingos, a que me puxen para ir ao enterro da túa ida sen regreso á tea que xuntos tecemos aquela tarde de verán tecleando con aneis os nosos nomes na area queimada polos homes clandestinos coma min.
Fun felíz,
pero nada é eterno,
aínda que corrixo,
eu coñecín a eternidade no salón da túa casa, no acubillo da túa almofada, na túa mirada traviesa do mesmo xeito que as túas xogadas,
morena.

Lúa.
Bonito sorriso regalado en momentos de tempestade absurda por malos amores carentes de rutina.
Bonito rexeitamento me deches aquel día no que eu quería durmir ao teu lado cun sinal que guiase os pasos de dous personaxes sobreactuando.
Non comamos máis sonhos inflados de enfermidades sen dor aparente,
que un día soñei de máis,
soñei de máis ao sonhar con verte.
Borrarei as pegadas daquelas historias de versos afastados,
de linguas de lume que malia as horas baleiras de dúbidas, nunca se xuntaron.
Corre xitana, corre, que ao buscar con desexo o rostro bonito do maior cobarde que rozou o teu corpo
quizais te topes cunha nube tostada namorada do lume.
Quixen soltar todo o osíxeno nunha calada de vida,
sen darme conta que son sete as que teñen que dar os gatos que corren cada noite fascinados e sen medo ao abrigo da lúa para decorar os nosos cadros.

E ao determe no instante no que sentín as plumas de dúas aves rozando o meu lóbulo dereito, decateime de que son dúas as razóns que iniciaron aquel conto con xogadas do momento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Publicación destacada

Edén, te esperamos en mayo :D

 Embarazo Tami. 30 semanas 29 años y un embarazo