https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

martes, 21 de abril de 2015

LXXVI

Lixo e pena. Moita pena que nos marca de luns a luns sexa ou non primavera.
Con maletas para ter un ollo ceibe e enrugado de observar tanta mala vida que condena.
Que condena sen distinction algunha,
De cores bonitas ou feas,
De tea máis nova ou máis vella,
De pel xitana ou canela,
De mirada doce,
De mirada lista, ou de alma en pena.
Facemos menos do que nos mandan, por mera excusa ou propaganda da que regalan os faltos de sonhos e exceso de lume na mirada que nos engana.
Facemos o que podemos.
Sexa máis ou menos.
Pero eso non o comprenden eles, os que se cren grandes e todavía son nenos.
Os que loitan só cando os televisan os medios.
Os que comen rápido e non axudan a comer aos nenos que non tenhen nin zapatos de charol nin etiqueta de valentes.
Eles si merecen ouro e boas marcas,
E non vós.
Camicaces e corruptos.
Cobardes sen escrúpulos nin cerebro organizado.
Non acuses de rebelde ao traballador innato por esixir o que non lle deches por pertencer ao proletariado.
Absurdo é o problema que vós tedes.
Porque candomenos, nós, a parte de cores nas pernas e de pendentes temos a tranquilidade de ter loitado ata que a morte nos leve.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Publicación destacada

Edén, te esperamos en mayo :D

 Embarazo Tami. 30 semanas 29 años y un embarazo