https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

martes, 21 de abril de 2015

XVII

Quero que algo me da calma que me dá o alento dun cigarro mal aliñado
Un murmurio tan estrondo que estremeza os sentidos que se activan ao fumar unha calada da herba máis sincera que se planta.
Unhas gotas de bágoas de rapazas malferidas que suplican a berros non máis parvadas.
Dúas vasoiras para irnos aos bosques máis afastados da terra prometida por un falso mestre.
Catro notas musicais que provoquen medo e fantasía entre os dous.
Berros suaves que nos digan con dozura que a vida é pura fantasia.
A liberdade de todos os homes, mulleres e nenos que habitan a nai Terra.
As cores que se van coa chegada da esfera máis perfecta que parece transparente ao chegar a noite.
Pensamentos de recordos tan perfectos que mancan os nosos corazóns de ferro derretido.
Pero mentres haxa rosas murchas por soldados preguiceiros que non buscan a harmonía perfecta, isto para min
será só un fodido sonho,

que doe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Publicación destacada

Edén, te esperamos en mayo :D

 Embarazo Tami. 30 semanas 29 años y un embarazo