https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

martes, 21 de abril de 2015

LIX

Ai meu río cheo de peixes dormidos por mor da corrente traviesa que non corre a gusto dos menos bonitos.
Ai miña flor aberta a novos lares, a novas ideas, a novos e vellos lazos, aberta ao mundo que cambia por decisión propia
Ou a veces allea.
Ai meu cheiro a mar nada mais chegar á costa,
Que agradable aroma,
Que falar curioso cando vou por alí sola.

Pensei en atopar acougo alí, no mar,
Mais non puiden.
Era só melancolía e tranquilidade improductiva,
Momentánea,
Era tal que nin a sei explicar de maneira razonada.
Se todo fose coma nos sonhos que imaxinamos medio espertos,
Sería un desastre, sí, mais un desastre soñado.
E ata é así, como gracioso, pero sen malicia.
Por eso, río, inda que tamén choro.
Todos choramos o perdido, o querido, o inhumano, o incoherente, o roubado, o que escapa, o que marcha.
Choramos o ruido e choramos a raiba.

Choramos porque o río xa non leva auga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Publicación destacada

Morirse

Hay algo en la memoria de los fallecidos que siempre me ha retorcido la lengua La manera tan sutil de herir solo con un recuerdo es demoledo...