https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

viernes, 14 de agosto de 2015

Son un soño

Amor meu,
Meu cándido, acalorado e rudo neno.
Son a túa paixón tola e simple.
Son o que idealizaches nada máis tocar o meu ventre espido,
Son o que defines cando soñas a melancolía da tenrura.
Son tanto e nada.
Son a expectativa da túa frustrada e insensata vida.
Son o dúo de anxo e demo que te ronda.
Son a túa mellor obra de arte.
Son mero e eterno capricho debuxado en ondas.
Ondas tan perfectas como a armonía que nos une.
Non somos un,
O feminismo dicta que somos dous seres.
Dúo completo e conectado ao paraíso dos namorados.
Son un soño irreal,
Coma ti menino.
E inda que pareza absurdo,

un día espertarás.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Publicación destacada

Morirse

Hay algo en la memoria de los fallecidos que siempre me ha retorcido la lengua La manera tan sutil de herir solo con un recuerdo es demoledo...