Ás veces dubidamos no
que queremos acadar
tentamos xogar a ser rudos e cambiantes nas
decisións vitais,
e sorteamos o astuto inxenio que modificamos
no día a día para logar tal tarefa.
Ampliamos os puntos de vista,
E con certa formación máis ou menos consistente,
Chegamos a conclusións socialmente
correctas,
Ata que nos fartamos,
E se temos sorte de estar concienciadas co
feminismo
E de levalo a cabo,
tentándoo no día a día,
tentándoo no día a día,
As conclusións tornan propias.
E as socialmente correctas,
van pouco a pouco
acadando menos tempo na nosa cabeza preocupada pola infelicidade que xera ás
veces o mero feito da consciencia plena cunha mesma.
É duro ser monopolizada e absorvida pola "muller ideal social"
Mais é mais complexo ser muller
feminista dentro do sistema
Porque as princesas bonitas e os príncipes
valentes que o patriarcado nos inculcou dende cativas seguen estando certamente
presentes en nós.
É duro non desprenderse ao 100% do amor
romántico co que soñamos ata que comezamos a pensar no que representaban os
símbolos
como,
As bandeiras con estrela
As loitas combativas xustificadas,
As vestimentas diferentes,
O amor libre e o amor propio
A sexualidade sen barreiras
As organizacións que chegan a ser formadas
por opresores en vez de por oprimidos
A crítica entre colectivos cos que, en certo
modo, sabemos que non teríamos conversas que nos aportasen moito máis que desespero e raiba
...
Chegados aquí formulo a pregunta,
- Quen son eu para crerme superior a ninguén
por ter unha formación ideolóxica estable, consciente, totalmente contínua e
chea de contradiccións?
Detesto en ocasións ser intolerante cos
poderosos,
Detesto en tempos fluídos excederme no amor
propio,
Detesto o traballo persoal que require esta
tarefa,
E como muller feminista que me considero,
Muller con máis traumas no peto que diñeiro,
Segura dun futuro incerto
Refúxiome na idea de que ás veces,
como alguén dixo nun libro,
Ningún comentario:
Publicar un comentario