Se a cotío xustificase que a distancia me debora
non deixaría de ser outra alma en pena pecadora,
pecadora de sentir,
nun país cheo de negocio oculta sentimentos intrínsecos.
Se a diario fixese verbas entranhables a un mundo encantador
sería xulgada por terrorismos,
probablemente polo cinismo do enunciado anterior.
Mais ao non ser nada máis que crítica
nunha canle totalmente sumisa
non sei nin definir,
nin definirme.
Só sei recoñecer que vivo da infelicidade e do drama que xera,
ao meu pesar,
a miña tola desdita de ter tal capacidade.
Talento?
desgraza?
que máis da a orixe,
eu quédome co resultado.
Son,
estou sendo,
fun,
estiven sendo,
e serei,
e seguirei sendo
o que o enredo entre patria e antisistema decida,
serei o absurdo de non ser nada realmente útil,
serei o que deus queira que sexa
e o que a miña cona,
imperfecta e barbuda,
me permita.
Vivo do lume de ser pagana
Vivo da terra que me sostén,
Vivo da estabilidade que non teño
Vivo da forza de querer ser.
Vou debuxar bolboretas bonitas no corazón sufrido de cada violencia que nunca debeu ser 🫀
https://www.instagram.com/tamilalilas/
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Publicación destacada
El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...
-
Tengo un hijo, tengo un perfecto hijo y no quiero estropearlo. Hace más de dos años que me he rendido ante la caza, solo quiero tomar caldit...
-
Rompemos en la manta que es reversible Nos hacemos las uñas porque se ha convertido en una rutina de autocuidado también patriarcal Nos adue...
No hay comentarios:
Publicar un comentario