https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

martes, 13 de octubre de 2015

En menos de 30 días

En menos de 30 días contabilicei os asubíos indiscretos,
e chegaron a 15.
En menos de 30 días contabilicei os piropos lonxanos,
e foron 7.
En menos de 30 días cheirei tantas miradas obscenas
que xeraron costume na miña mirada.
En menos de 30 días contabilicei os beixos ao aire de desconhecidos,
e chegaron a 5.
En menos de 24 horas fiquei presa da impotencia, cos malditos
que sobrepasaban a mala eduación en días.
En menos de 2 horas fun víctima deste actual e noxento círculo machista moderno.
En menos de 10 segundos tiven a coraxe para contarvos esto,
mentres escoitaba o último asubío dunha moto presa do protagonista piloto.


Desta non quitei o móvil por vergonha,

desta non suspirei mirando a parede,
desta non mirei para o chan chorando a raiba en suspiros,


non escapei,

desta, 
simplemente, 

fartei. 

jueves, 8 de octubre de 2015

Sorprendinme máis veces das que chorei ao longo da vida.

Fortaleza                                       
Aspereza                                                                           
Sensatez                               
Coraxe                                   
Debilidade
Irascibilidade
Rancor
Tristeza
Delicadeza
Loucura
Cobardía
Medo
Calor
Sorpresa coa chegada da alegría.

E sí, 
sorprendinme máis veces das que chorei ao longo da vida.

Mais onte biquei medo
polo paso da calor cobarde,
que me absorveu as forzas tornando en debilidade a minha tristeza.
Ao estar tola e ser áspera e delicada,
nunca cumprín as expectativas para ser 
perfecta,
tanto no día como na cama,
mái sí forte.
E desnúdome porque o rancor xa deixou de moverme,
creo,
mais tornou en irascible todo o que temo,
todo o que toco,
todo o que esquezo.
Hoxe, desnúdome pola causa.

E sí,
 sorprendinme máis veces das que chorei ao longo da vida.



Melancolía

Tanteo o cruce entre opostos
xero enlaces opostos aos iónicos
e esquezo que a realidade segue sendo a mesma.
Teño tantas facetas,
e é tan simple que son humana.

Como carne,
gosto da canela
e o meu zume predilecto é o de laranxa.
No bar, volveu xerarse depresión.

Vin de novo a xente perdida,
vin de novo incertidumbre
e sempre aconsellando a extraños
decateime,
mentres masticaba pasta de cores tensas,
que hoxe,
pese a non choiva
volverei quedar durmida
mirando a inmensidade do ceo pintado.
Este meu ceo non é azul,
enriba ten vida.

Para eso non teño crítica,
e fico, candomenos,
tranquila.

Non sei se é poesía,
mais sei que o que digo
sae desto que chamades,
melancolía.


Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...