Trenzamos loitos con mans
áxiles.
Mentres da boca brote aire,
que nazan flores ou ritmos paralelos facendo
frente.
O espello dos meus párpados
Está no alto,
na risa,
na marcha,
no peito descuberto,
en cellas abispadas,
en verbas libres,
na música que navega voando,
no tambor colorado,
na congregación de asombros e
despertares.
As preguntas trenzadas en
pasos alados de amores impúdicos,
viaxan por territorios a modo
de abanico sostido por mil mans.
Mans de raiba e dor,
de claridade e mirada fixa,
de esperanza e amor pola
vida.
De memoria, de dúbida,
de emoción cristalina.
Dende a vida,
esa divina finititude.
Abanicamos o vento que
respiramos e nos mantén cos peitos
hinchados,
a espalda recta e o frente
ben alto.
Abanicamos o grito que
sacude,
derruba e constrúe.
Abanicamos o alento entre
beixos.
Abanicamos o aire que seca
bágoas de perdas.
O noso abanico é un corazón
san de tantos terreos como
latexos de vida
Nun acto erótico batendo no aire
e remexendo a atmosfera toda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario