https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

mércores, 4 de decembro de 2019

CON OU SEN MEDO

O lupulo do desterro xa marchaba
Eu con el
Non acompañaba tanto fume
Esta vez era unha todopoderosa en ruinas
E nunca tivera cartos
As veces era unha desorde imensa de bártulos
Outras un sorriso comprado por todas
as que sorrian menos
Seguia sendo un produto
Noutro envase
Un autoxestionado e feito por min
A victimizacion as veces tamen é propia
E non pasa nada
Porque saber o que nos acontece
É un privilexio
Son privilexiada
Porque eu me envaso a min mesma
Non son envase masivo
Son envase único
Pero sigo envasada
Ao vacio
Ao inutil
Ao catastrofico
Ao imposible
Á troula
Ou ao que queda dela
A ti
A nós
A todas
O meu envase é colectivo
E eso non é un privilexio
Eso é fascismo
Con falta de humano
Con falta de loita de clases
e de medos.
Bolboretas
Compartir o medo
É a mellor obra de vida
Que podemos facer
Por nós mesmas.
Sin que quede cutre;
El pueblo vencerá,
con ou sen medo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Publicación destacada

Edén, te esperamos en mayo :D

 Embarazo Tami. 30 semanas 29 años y un embarazo