https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

lunes, 26 de octubre de 2020

Un chascarrido metódico adoecíame as pernas

o ventre deixaba de ser plano 

e invertía o crecemento segundo o día


algoritmos para paliar doenzas,

métodos para acadar rutinas,

ocupacións, para esquecer as dores,

repouso, 

para volver a ser infinita...


Os beizos secaban,

a cabeza choraba a indecisión,

as lápidas movíanse para procurar os lamentos,

unha variable estaba a piques de variar moito aquela idea.


TIC TAC, 

TIC TAC.


O tempo xestionou e buscou un bonito lugar

-Esa estrela é para ti,

a luz tamén será para ti,

inda que xa non palpites.


O ventre deixaba de ser plano,

os ollos deixaban de mollar ideas

e  o reloxo deixaba de soar.


Houbo un día no que decidín medrar en vertical,

mais xa haberá máis nos que non se perdan as costumes.

- Ola mamá, esta semana foi un caos

- Adeus mamá, aquela semana foi moi caótica.

- Mais todo ben cativa?

- Xa non hai sangue correndo, todo ben, pero teño moita fame.


Unha destas noites vereite na vía láctea,

hoxe, precisamos beber unhas cantas cervexas.


O estado

actual

segue sendo 

o de alarma.


TIC, TAC.

TI C, TA C. .

T I C , T A C ...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Publicación destacada

Morirse

Hay algo en la memoria de los fallecidos que siempre me ha retorcido la lengua La manera tan sutil de herir solo con un recuerdo es demoledo...