https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

martes, 24 de noviembre de 2015

Choiva latente

Apagou o palpitar da túa boca
doce charol de pantasma roto en choiva
cascuda independente
escudo dun pendente xa perdido
que ilusiorio o abandono do sentimento miserable.

E a auga cae,
cae do ceo,
cae do grifo
cae dos ollos,
cae no corpo,
cae nas mans,
cae na cinza,
cae no chan,
cae no teu tan absurdo palpitar.

Cae neses olliños, latentes.

Meu amor,
mais só cae,
nunca ergue.
mais non demores
que sempre escampa.

Non asustes a cascuda
ela simplemente segue camiñando
para non mollarse.


sábado, 14 de noviembre de 2015

Galiza

Na miña estancia en Vilagarcía de Arousa
descubrín a nicotina como adicción veráz.
No meu paso por Vilanova
comprendín o que era o sexo serio,
En Carril, fun fuxitiva por horas,
mais en Barrantes, funo por días.
En Lugo descubrín que me gustaban os nenos.
En Cambre comecei a odiar a Renfe.
En Melón reencontreime coa infancia,
En Vigo lembreime do abismo,
e no Pico Sacro volvín crer na liberdade,
Na Coruña só frecuentei Teixeiro.
Pontevedra foi cidade de paso previo á Lama,
Ferrol é algo que descoñezo.
Compostela tentou rematar en drama,
mais alí vivín o amor, alí fun parte da patria
e a droga deixou pegada en min.

Ourense.
Ourense foi onde nacín e crecín,
onde fun adolescencia e capricho,

e hoxe
e escribo dende aquí,
nun intento desesperado
de halagar Galiza,



jueves, 5 de noviembre de 2015

Ti, es coma min

O primeiro ensaio do pupitre foi meloso
O roce do lápiz, da escrita, 
aquela voz chea de calma.
Comparable ao drama sobre o que escribía.
Lembro que o primeiro foi sobre rutina.
Que rubio,
Que lineal e incómodo é lembralo.
Agora,
na escrita,
a voz é raiba, 
xa non hai calma,
mais é fermosa.

Non coma ti.

Ti non es fermosa,
ti estás enferma,
ti es inútil,
ti estás tola,
ti non sabes querer,
ti non sabes esquecer,
ti non serves para nada,
ti só mancas,
ti es merda,
ti es cinismo,
ti es provocación,
ti es o contrario a felíz.

Ti, 
es coma min.


lunes, 2 de noviembre de 2015

Camiñei cara á igrexa

E camiñei con cravos no sangue
mestres a patraña dun verme sedendo de inxuria
resistía a dura incidencia do ceo gris.
E aplaudín a quen merecía morte
segando memoria e tecendo o camiñar inseguro.
Acicaleime tanto,
que cheguei a ser fermosura idílica.
E camiñei cara a igrexa
onde estaban
as putas e os infieles,
as lesbianas e as orxías
o alcol e a cocaína.
E sen roupa
comecei a recitar poesía.
Gostei tanto da experiencia,
que deixei de camiñar
e comecei a ter vida.



Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...