https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

miércoles, 10 de junio de 2015

Sen complexo, simplemente estaba tola.

Tenra lúa de falsidade reversible,
coma nos cráteres.
A minha, é só minha,
A nosa, sempre foi túa,
O lascivo da sociedade tamén é común
Coma o despexado do día berrando chamizo a dúo.
Tola,
foi máis sorpresa que rutinario.
O esquecíbel do día.
O rastrexo do can ledo.
O lusco e fusco da timba máis poética que a mesma poesía,
Arrinquémoslle o cromosoma que lle sobra,
É tola,
E queremos común.
Queremos o que define a sociedade afín ao goberno.
Matémoslle a loucura tornando en cordura a fin do maltrato.
Non é que fose única entre tantas,
Sen complexo,
Simplemente estaba tola.

"Hai veces, que cando alguén debe asumir algo moi forte, refúxiase na loucura.
Hai veces, nas que a realidade non é outra cousa que dor, e para escapar desa dor, a mente debe esquecer a realidade.”

Patrick Rothfuss

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Publicación destacada

Morirse

Hay algo en la memoria de los fallecidos que siempre me ha retorcido la lengua La manera tan sutil de herir solo con un recuerdo es demoledo...