https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

domingo, 20 de noviembre de 2016

As nenas lilas


Fai dous invernos que o frío se me fai menos pesado.
Ese calor húmido que remata doendo,
apenas alcanza a superficie do meñique que teño máis pequeno.
Os sabañóns que inundaban con frecuencia a dermis das mans cativas
xa me saúdan menos,
e inda que os respeto,
nunca me fixeron moito ben.
Gorriños, bufada, manoplas, franela, 
abrigos, botiñas, la, café, canela.
Sempre foron variables constantes nos meus invernos,
e nos nosos.
Fai dous anos que estaba conxelada de incertidume.
Ese frío invernal que me conxelara ate as pestanas.
A néboa era densa 
e perversa.

Hoxe, 
fai menos frío 
e a néboa é menos densa tamén.
As pestanas alongaron ata o ceo 
onde falei cun mestre 
(foi el quen espantou aos sabañóns),
e non, 
non era ese Deus supremo.
Era un paxariño que voaba nun globo lilás,

foi el quen me falou das nenas lilás.
A loita destas nenas era que o inverno cada vez fose menos frío,
que non houbera nenas con sabañóns,
nin tanta roupa tapando caras,
querían facer do inverno
algo máis cálido,
máis fácil
e libre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Publicación destacada

Morirse

Hay algo en la memoria de los fallecidos que siempre me ha retorcido la lengua La manera tan sutil de herir solo con un recuerdo es demoledo...