https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

domingo, 24 de mayo de 2015

Reflexión electoral pouco poética

Escolla de pertenza a un colectivo máis ou menos afín ao que pretendo definir coma personalidade crítica ou corrente de pensamento diferenciada.
Para esta escolla indagamos
Aplicamos o sentido común e a dor de conciencia tan simple coma nocturna
Esvaecidos atracóns de líderes máis ou menos representativos
Quen non leu a Marx?
Quen non buscou linhas políticas afíns co seu entorno?
Quen non caeu na dicotomía de amores seducidos por guerrillas da comarca?
Quen non cambiou de bando ao chegar a contradicións internas?
Quen non cambiou a idea que ten de Patria ao longo dun duro proceso formativo?
Quen non iniciou a súa formación política no bando contrario?
Quen non o fixera, igual comprende menos.
Mais quen o fixo,
Entende.
Quen o fixo indagou tanto que chegou ao que eu defino
“Creación da túa propia corrente de pensamento”
Esta, non ten porque estar representada por un colectivo numeroso.
Unha corrente de pensamento precisa duns poucos para se converter en movemento.
Un movemento precisa duns poucos máis para chegar a ser represantativo dunha causa.
E ahí está a chave, a causa.
A causa pode ser máis ou menos revolucionaria, máis ou menos digna, máis ou menos realista, máis ou menos criticable, máis ou menos boa ou ata pode ser pésima.
O importante é que ese movemento que comezou sendo un pequeno colectivo esté seguro e firme do que defende,
Dentro do posible, sen atentar ante os dereitos fundamentais de ninguén,
(sexa animal, mortal ou simplemente abstracto).
Esto ultimo podería dar debate de séculos,
Porque hai causas e causas. Sen ir máis lonxe:
Nai á que lle matan e violan á filla. Esta senhora desexaría acabar co home (se hai que ponherlle un nome a tal indivíduo), é dicir, a súa causa pode ser eliminar do mundo, no caso concreto que estamos exemplificando, a ese “home”.
Ben, cando esa causa é defendida por centos de nais, converteríse nun movemento xerado por un colectivo de nais que decidiron xuntarse por unha causa: Rematar cun certo tipo de “machos” que se adican a violar e matar mozas por pracer, autoestima,  enfermidade ou calquer tipo de trastorno medicado.
É lexítimo un movemento, imos chamarlle combativo, de mulleres cheas de raiba que maten a homes, (inda que sexan dignos merecedores de tal destino) por vingar a morte das súas fillas ou companheiras para que estes non reiteren tal comportamento? Esto podería extrapolarse a todos aqueles que atentasen contra os dereitos dunha muller.

Ben.
Como dixen, esto da para moito debate, e como sinceramente non sei o que respostaría ante tal pregunta, inda que me podería inclinar cara unha resposta máis positiva que negativa, deixarei este tema para outra ocasion.

Pois seguindo co anterior,
se esta causa que defende un colectivo de indivíduos comeza a mudar,
que pasa?
Comeza a haber contradicións internas, que levarán a contradicións externas. Hai escisións no movemento por desacordos, hai críticas non constructivas, hai envexas que levan a crear bandos e frustracións ás veces irreversibles.
Ocurriría o que comunmente chamamos desastre organizativo, xa que este colectivo para ser un movemento ten que gozar dunha organización máis ou menos estable.
Un movemento para ser visible ten que estar organizado.
E para estar organizado ten que haber acordos.
Mais cando non hai acordos na evolución do movemento, é porque ante unha idea hai unha oposición. Esta oposición pode ser dunha persoa contra 100, de 50 contra 50 ou de 30 contra 60. O que se consideraría normal sería, mediante debate asambleario, chegar a acordos máis ou menos comúns, mais para esto tería que haber cesións por ambos bandos,
eso sí, sen que a causa mude.
Se a causa é “loitar polos dereitos dos traballadores”, por desacordos entre os “militantes” non podemos chegar a conclusion de que agora loitamos polos “dereitos dos traballadores do sector da hostelería” porque son os que apoiaron ao líder da organización, (inda que non crea moito en líderes, penso que son precisos, sobre todo en grandes organizacións)
e agora que fan o resto de traballadores?
Pois é simple companheiras,
crean outro movemento para o resto dos traballadores, ata que se repita o bucle, e así susecivamente para un movemento que aparentemente loita por unha causa común e podería estar formado por miles de persoas, nacen moitos movementos que por contradicións internas mal curadas ou dicotomías mal resoltas, ou mesmo por egos, concluíu en varios movementos moito menos numerosos e menos eficaces, quedando así a causa danada.

Con isto, pretendo que reflexionemos e extrapolemos esto a moitos máis ámbitos, a moitas máis causas, a moitas máis loitas.
Pode chegar a ser demasiado simple e pouco titulado este fragmento,

mais como di Chavela, “que la vida es simple y a las cosas simples las devora el tiempo”

jueves, 21 de mayo de 2015

Busca intrínseca dun mesmo

"Moitas veces perder o equilibrio por amor é parte de vivir unha vida con equilibrio. Ao final cheguei a crer en algo que eu chamo a física da busca, unha forza da natureza que se rexe por leis tan reais como a lei da gravidade. A regra da física da busca vén a dicir algo así: se tes o valor de deixar atrás todo o que te protexa e te console, o cal pode ser dende a túa casa ata vellos rancores e embarcarte nunha viaxe na busca da verdade, xa sexa interior ou exterior, e se estás disposto a que todo o que che pase nesa viaxe te ilumine e a que todo o que te encontres polo caminho che ensine algo e se estás preparado sobre todo a afrontar e a perdoar algunhas das realidades moi duras de ti mesma, entón a verdade non che será negada. 
Non podo evitar crer niso despois do que vivín"

(Extraído dun bo filme)

miércoles, 20 de mayo de 2015

A beleza é a túa cabeza

Se me esforzo a aparentar entre virilidades espantosas,
Podo acadar certo clamor piropeado por decenas
Se non o fago,
O clamor pode tornar en melodía tan transparente como ridícula ante canles televisivas.
Escollendo a altura da saia que decidín levar pola condición sexual dominante,
Tamén hai desconcertos criticables por obreiros e por celestiales.
A altura da saia,
Pecadores sen escrúpulo ante a raíña que vos pare,
Non precisa de opinión machichula nin feminazi,
Para non crear un abanico de tremendo descontento,
Queixarse é tan criticable coma roubar cando un ten fame.
Máis o trapo que me tapa do frío,
Dame igual o tipo de argumento que a casta decida,
Eso,
Non é legalmente criticable.
Nin motivo de xustificación para un mal que corroa o fígado de calquera indesexábel.
Perseverancia atemporal e sen doutorado
Utopía irrealizable ante mentalidades inhorantes
Transparencias de librillo católico, máis de profana idea
Ante esta cruel barbarie que só remata cando comeza a pelea
Ante esto,
A beleza non está na saia,
A beleza non está nas unllas mellor decoradas,
A beleza non vai nin de tacón nin de cara pintada,
A beleza é simple,
A beleza é a túa cabeza.


martes, 19 de mayo de 2015

Premer e soltar.

Cando é un verbo antagónico ao real
Esqueces a panorámica vista polo desconcerto ao desconhecido
Ao meramente ilegal na túa cabeza educada
Sístole e diástole.
Adiante e atrás.
Dereita e esquerda.
Premer e soltar.
Mecánica estatística enraizada dende o chupete ao panhal maior.
É dictatorial o erro do que profana tal legalidade.
É tremendo.


domingo, 17 de mayo de 2015

E choverán vagalumes dourados

Dooroso, pero tenro,
Gostoso e bonito, moi bonito,
Como a túa mirada de lince,
De lince cohibido por amor.
Ou por capricho.
Pero sempre de dous.
Preocúpame ata a alimentación do actor en cuestión.
E viceversa.
Xa nomeei que a infelicidade dos tempos que corren é perfecta.
Valor.
Dor.
Apetito de acción e morbo.
É a chave aos sonhos de profetas antigos.
Temíame un mundo sen abrigos nin gravatas de cores turquesa,
Sen orballo, sen percheiros nin prátanos de amorodo.
Con doces de bálsamo transparente na túa cabeza de píldora ausente,
De actor bizarro e maltratado pola sementeira do mes de novembro.
Interpretaron a escena do final da obra máis romántica do mundo,
Pero choraron os que viron a escena pouco máis dun segundo.
Sandaron os orfos de corazón rebelde,
Pero co tempo morreron.
Non precisaban cura, necesitaban a morte.
E choverá a mares nena, e choverán vagalumes dourados.

Ata que despois da tempestade, como sempre, recorda que chega a calma.

Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...