https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

viernes, 18 de septiembre de 2015

Falo do que é mellor non falar

Na ledicia do insensato
Eu voume de troula con esmero de autoconvencemento
Porque inda que antes recurría ao poder de adaptación
Co tempo aprendín a adaptarme ao poder de ser tan inconstante coma o sexo nas noites
Recelo de tempos nos que o capitalismo me dominaba sendo cativa e pouco afortunada no apego
Que nun acto de desespero
Reclamei
Reclamo
Ansío
E detesto
A contradicción, como a paixón
Son o forte de insensatos adictos
Adictos a ser trobadores,
Ou como agora lle din cantautores
Pero eu falo dos que non tenhen dentes
Dos que empregan tickets para fumar e sentir placeres
Do que non ten bocadillo para envolver en albal,
e fúmao.
Non é morbo
Non falo da expansión traumática da foto dun cativo no mar,
Non falo do neohippismo
Non falo de activismo nin tampouco do alcolismo,
Non falo da sede de victimismo
Nin do mal que vai e irá o nacionalismo,
Sería contraproducente o de falar por falar,
O de ver, oír e calar
Falo do que é mellor non falar
Porque se falamos de utopía
Só lembro a Galeano cando di
que so serve para avanzar.

lunes, 14 de septiembre de 2015

Vinteseis abismos e catro versos desesperados

Case podo considerar o ceo como ponte entre nós,

ponte que tambalea cando me entran os medos,
o medo a min mesma,
o medo a ter medo,
o medo a dar medo,
o medo a entregar o que me queda,
e perdelo,
o terte medo,
ou simplesmente o medo a non ter medo.

Case podo considerar ao sol como un branco papel de incendio,

Un incendio no que o meu corpo doce e salvaxe,
prende,
queima,
funde
e derrete o pouco amor que nos queda.

Case podo rematar no túnel

e facer que de min fuxan os paxaros,
e tamén os ventos,
e que a noite entre con invasión poderosa,
para crear un hipotético suicidio de lamentos,
cravando na miña alma a túa pel velenosa.

Case podería quererte
Case podería tocarte
Case podería non verte
Case podería deixarte.

Nestes vinteseis abismos
dos que fuches dono e senhor,
silvo un arraigo no tempo
no que case me arruina o amor.



jueves, 10 de septiembre de 2015

Crédeme cando vos digo que a loita continúa

Caramelo reseso,
cervexa templada,
rumiante constante
vestido de gala.

Raposa infelíz,
trebol dunha folla,
insensata codorníz latente,
fríbolo autostop de la mia signora.

Babeo adormecido,
silencio incómodo do ascensor completo,
asubío do esquecemento,
zapato descosido.

Voz sonora,
voz melosa,
voz celosa,
voz ansiosa.

Sigilo turbio do blablabla dun mariñeiro,
lume fomenta emprego,
gandeiro acompasado co manifesto de rúa,
Sendeiro afrouxa ego.

Culpables con casa,
inocentes na rúa,
crédemede cando vos digo que a loita continúa!

lunes, 7 de septiembre de 2015

Todo é samba

Dende que a samba é rezo para os desolados
o mundo non para de bailar con moito ritmo
un salero querido e requerido
a tristeza é samba
a alegría é samba
o medo é samba
o choro é samba
nós somos samba meu menino,
nós somos o desgraciado que quedou no mundo,
por sorte.

A lealtade a un sentimento 
o abismo dun futuro inconexo e preocupado
os rostros sen ollada fixa ao escaparate do consumo xa consumado,
o cantar do povo sen unllas coloradas
os beizos da mosca bicando merda,
joder,

tamén é samba!


Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...