Putrefacta a nova historia.
Demente o feito de asimilar.
Elocuente o trato autodestrutivo.
Efímera a calada nocturna.
Sentindo espasmos,
lembrei cando alienada era máis felíz,
lembrei cando alienada era unha ignorante prepotente,
lembrei cando pola rúa vía escaparates
e non odiaba inditex nin varias marcas de chocolate.
Sensacionalismos baratos.
Victimismo do que viven os innombrables.
Odio sistemático a todo o que non requira cuestionamento.
Amor.
Amor propio.
Amor libre.
Amor construído por nós mesmas.
Amor político.
E sendo muller,
levo á praxe o intento diario de
muller libre!
Vou debuxar bolboretas bonitas no corazón sufrido de cada violencia que nunca debeu ser 🫀
https://www.instagram.com/tamilalilas/
martes, 16 de febrero de 2016
martes, 9 de febrero de 2016
Tensión productiva
Tensión productiva
anhelo entre o espanto
suspense
e a túa misión ao suplicar
se suplicase,
sentiría desexo ilimitado en tensión,
e por que productiva?
se predicase,
o solsticio sería orgásmico
e o arco iris semanal.
Só leo barbaridades,
e o espanto semella non morrer
dende que decidín ser antisistema.
Pero mírote,
para nunca esquecelo.
anhelo entre o espanto
suspense
e a túa misión ao suplicar
se suplicase,
sentiría desexo ilimitado en tensión,
e por que productiva?
se predicase,
o solsticio sería orgásmico
e o arco iris semanal.
Só leo barbaridades,
e o espanto semella non morrer
dende que decidín ser antisistema.
Pero mírote,
para nunca esquecelo.
Capricho
E se nun momento
estivese a droga co templo
o retroversivo da situación
volvería turbio
o mesmo instante
no que o intrínseco do peito
só buscaba a atención
do tan puro,
que só era medo.
Que só eras ti.
Sendo creaba,
coma na Habana.
E non foi mero,
só foi capricho.
O que ti es agora,
o que eu fun mentres ti xa non o eras.
E sendo capricho,
bebo xenebra.
estivese a droga co templo
o retroversivo da situación
volvería turbio
o mesmo instante
no que o intrínseco do peito
só buscaba a atención
do tan puro,
que só era medo.
Que só eras ti.
Sendo creaba,
coma na Habana.
E non foi mero,
só foi capricho.
O que ti es agora,
o que eu fun mentres ti xa non o eras.
E sendo capricho,
bebo xenebra.
miércoles, 20 de enero de 2016
Ese simple xeito de extrapolar o feo
Esa decepción constante
Prudente
Familiar
Íntima
Esa rebeldía contra a falta de silencio propio
Ese querer que non quere nada
Ese simple xeito de extrapolar o feo
O que din ser feo
O teu feo interno
Latido de incoherencia
Asimetría de estímulos
Sin vivir pola búsqueda
Lonxe
É onde está o que a alma busca
Tan lonxe que o palpas no día a día
Sen decatarte
Sen escoitarte
Asubiando que chegas
sen nin sequera aproximarte
Esa decepción frustante
Ese medo ao NON
no teu idílico capricho
Talento nato
Prudente
Familiar
e íntimo.
miércoles, 13 de enero de 2016
Ai se puidera
Frotei as túas carcaxadas
e quero unión de vidas.
Ai se puidera
Ai se me atrevera
Tensiono o que defino por poesía
E sen drogarme,
sequei o lume coa tenebrosa porta.
A nosa alma vibra,
a viaxe xa é só de ida.
Botémoslle unha man á choiva.
Mollemos os beizos
Ai se puidera
Ai se me atrevera
Ai se te quixera...
Xogo cun dilema,
estou namorada da vida.
Treme conmigo,
fai un esforzo.
Quita vendas
e namórate conmigo.
e quero unión de vidas.
Ai se puidera
Ai se me atrevera
Tensiono o que defino por poesía
E sen drogarme,
sequei o lume coa tenebrosa porta.
A nosa alma vibra,
a viaxe xa é só de ida.
Botémoslle unha man á choiva.
Mollemos os beizos
Ai se puidera
Ai se me atrevera
Ai se te quixera...
Xogo cun dilema,
estou namorada da vida.
Treme conmigo,
fai un esforzo.
Quita vendas
e namórate conmigo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Publicación destacada
El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...
-
Tengo un hijo, tengo un perfecto hijo y no quiero estropearlo. Hace más de dos años que me he rendido ante la caza, solo quiero tomar caldit...
-
Rompemos en la manta que es reversible Nos hacemos las uñas porque se ha convertido en una rutina de autocuidado también patriarcal Nos adue...