https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

jueves, 22 de octubre de 2015

Todo era mar

No regueiro 
vin ao moucho da insatisfacción transitoria.
Na pedra 
había bágoas verdes cheas de traizón.

Tecendo un nome en cores vivas
sementei amargor.
Mais son tan nova e estou tan viva,
que non quixen tecer,
e comecei a berrar.

A melodía constante e calma,
a auga batendo na pedra,
os ollos mirándome forte, 
sen parpadeo,
sen trémula, 
sen marmelo,
tornaron gris, 
e o nome
esvaeceuse.
Soprouno a area.
O regueiro converteuse en mar,
e o mar, 
berrou liberdade.

Cando me din conta,
xa non había bágoas,
xa non había nome,
xa non había pedra,
todo era mar.



Por favor, non me toquen.

domingo, 18 de octubre de 2015

Só busco acougo no pracer de contalo

Non me frustro.
Déixome guiar 
pola sensación de deixarme ser entre metáforas
de inconexas relacións estándares.
O relicario da xeada noite
xa non é tan significativo para o meu imsomnio,
o importante é o baleiro
e a dúbida do futuro que non hai.
O lamento inconexo de non ser desposada por elección.
A soidade,
que tremendo abismo tan irascible,
amargo
relambido,
de suor polo cansancio de pensalo e construílo.
Soprei amantes e saiume intolerancia,
que absurdo.

Fico soa,
nunha cama de dous.

Antes a cama era menos grande,
e sentíame acompañada.
Vivo coa incertidumbre de atopar 
a confianza no sexo oposto.
Igual acado algo,
igual acado nada.
Mais a tortura,
non é semente de vencer,
é lembranza da patraña 
de quen non tiña nada que perder.
Por raiba,
xa non quero amantes,

só busco acougo 
no pracer de contalo.


martes, 13 de octubre de 2015

En menos de 30 días

En menos de 30 días contabilicei os asubíos indiscretos,
e chegaron a 15.
En menos de 30 días contabilicei os piropos lonxanos,
e foron 7.
En menos de 30 días cheirei tantas miradas obscenas
que xeraron costume na miña mirada.
En menos de 30 días contabilicei os beixos ao aire de desconhecidos,
e chegaron a 5.
En menos de 24 horas fiquei presa da impotencia, cos malditos
que sobrepasaban a mala eduación en días.
En menos de 2 horas fun víctima deste actual e noxento círculo machista moderno.
En menos de 10 segundos tiven a coraxe para contarvos esto,
mentres escoitaba o último asubío dunha moto presa do protagonista piloto.


Desta non quitei o móvil por vergonha,

desta non suspirei mirando a parede,
desta non mirei para o chan chorando a raiba en suspiros,


non escapei,

desta, 
simplemente, 

fartei. 

Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...