https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

miércoles, 13 de enero de 2016

Ai se puidera

Frotei as túas carcaxadas
e quero unión de vidas.

Ai se puidera
Ai se me atrevera

Tensiono o que defino por poesía
E sen drogarme,
sequei o lume coa tenebrosa porta.
A nosa alma vibra,
a viaxe xa é só de ida.
Botémoslle unha man á choiva.
Mollemos os beizos

Ai se puidera
Ai se me atrevera

Ai se te quixera...

Xogo cun dilema,
estou namorada da vida.
Treme conmigo,
fai un esforzo.

Quita vendas
e namórate conmigo.

lunes, 11 de enero de 2016

Suspendín un motivo sedoso
e folleino.
Aclarei a sombra do demo
e comeume.
Tolerei o cadrado violento e modesto
e borreino.
Atornillei o fracaso da tumba
polo exceso.

Subín
Baixei
Corrín
Tropecei

Reconcomeume a súa presencia,
pero el

só me sorríu.

lunes, 28 de diciembre de 2015

Estou atrapada nun ego
que aveciña egoísmo
Son unha fouce
sen martelo nin bandeira
carrego dotes de perder o xuízo
nunha relación ilusoria e totalmente pasaxeira.
Dende que apredín a ser valente
esquecín o que eran os límites,
e en consecuencia
xerei o talento
co que apenas tremía.

Obsesioneime coa idea organizada
de latir ao paso dos indixentes.
Quedeime coa vida mundana
e vivo do sangue
co que chorando escreves.

Leite con mel, na lingua
Salgado con auga, na gorxa
Terra nos pés
de ave migratoria
coa independencia
que nos foi roubada.

Que lle vou facer
se me pariu unha mezcla
portuguesa
oriental
e xitana?

Vivo no aire,
son canela en rama.



jueves, 17 de diciembre de 2015

Morre de sede por vivir

Remite escenográfico,
rumiante escéptico,
sonora escea dun chaleco de bombeiro no condado
e arde

arde todo o seu ilusorio mundo.

Cabreado,
renega da paixón do cutre asubío obreiro,
pinta pegadas
de esencialidades invisibles,
minte ao amor
e sacude o pelo mollado.

Agardou tanto para vivir...

A brisa,
destapa a súa cegueira.

O norte,
proporciónalle espasmos.

A suavidade,
treme.

E el,
morre de sede por vivir.

sábado, 28 de noviembre de 2015

Dádeme alegría para asimilar que erro
Dádeme paz interna
esa que nunca teño
Silvádeme nanas que calmen este temperamento
que roza o autismo
de autoconvencemento.
Dádeme lume a ver si así remata todo
e prendo
dádeme aire
que respireino todo
e xa non teño
Xulgádeme ben,
que o merezo.
Dádeme un bo proxecto de pai,
un calamnte,
un Gin Tonic,
unha situación a criticar
ou simplemente
un beixo.


Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...