https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

martes, 9 de febrero de 2016

Tensión productiva

Tensión productiva
anhelo entre o espanto
suspense
e a túa misión ao suplicar
se suplicase,
sentiría desexo ilimitado en tensión,
e por que productiva?

se  predicase,
o solsticio sería orgásmico
e o arco iris semanal.

Só leo barbaridades,
e o espanto semella non morrer
dende que decidín ser antisistema.

Pero mírote,
para nunca esquecelo.

Capricho

E se nun momento
estivese a droga co templo
o retroversivo da situación
volvería turbio
o mesmo instante
no que o intrínseco do peito
só buscaba a atención
do tan puro,
que só era medo.
Que só eras ti.

Sendo creaba,
coma na Habana.
E non foi mero,
só foi capricho.
O que ti es agora,
o que eu fun mentres ti xa non o eras.

E sendo capricho,
bebo xenebra.

miércoles, 20 de enero de 2016

Ese simple xeito de extrapolar o feo

Esa decepción constante
Prudente
Familiar
Íntima
Esa rebeldía contra a falta de silencio propio
Ese querer que non quere nada
Ese simple xeito de extrapolar o feo
O que din ser feo
O teu feo interno
Latido de incoherencia
Asimetría de estímulos
Sin vivir pola búsqueda
Lonxe
É onde está o que a alma busca
Tan lonxe que o palpas no día a día
Sen decatarte
Sen escoitarte
Asubiando que chegas
sen nin sequera aproximarte
Esa decepción frustante
Ese medo ao NON
no teu idílico capricho
Talento nato
Prudente
Familiar

e íntimo.

miércoles, 13 de enero de 2016

Ai se puidera

Frotei as túas carcaxadas
e quero unión de vidas.

Ai se puidera
Ai se me atrevera

Tensiono o que defino por poesía
E sen drogarme,
sequei o lume coa tenebrosa porta.
A nosa alma vibra,
a viaxe xa é só de ida.
Botémoslle unha man á choiva.
Mollemos os beizos

Ai se puidera
Ai se me atrevera

Ai se te quixera...

Xogo cun dilema,
estou namorada da vida.
Treme conmigo,
fai un esforzo.

Quita vendas
e namórate conmigo.

lunes, 11 de enero de 2016

Suspendín un motivo sedoso
e folleino.
Aclarei a sombra do demo
e comeume.
Tolerei o cadrado violento e modesto
e borreino.
Atornillei o fracaso da tumba
polo exceso.

Subín
Baixei
Corrín
Tropecei

Reconcomeume a súa presencia,
pero el

só me sorríu.

lunes, 28 de diciembre de 2015

Estou atrapada nun ego
que aveciña egoísmo
Son unha fouce
sen martelo nin bandeira
carrego dotes de perder o xuízo
nunha relación ilusoria e totalmente pasaxeira.
Dende que apredín a ser valente
esquecín o que eran os límites,
e en consecuencia
xerei o talento
co que apenas tremía.

Obsesioneime coa idea organizada
de latir ao paso dos indixentes.
Quedeime coa vida mundana
e vivo do sangue
co que chorando escreves.

Leite con mel, na lingua
Salgado con auga, na gorxa
Terra nos pés
de ave migratoria
coa independencia
que nos foi roubada.

Que lle vou facer
se me pariu unha mezcla
portuguesa
oriental
e xitana?

Vivo no aire,
son canela en rama.



Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...