https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

sábado, 11 de julio de 2015

Norte e culpa sempre estarán errados

Quero empregar un dilema que leve a razón consigo.
Tento saborear os cromos que me converteron en abismo.
Sustituín os excesos polo sorriso máis marcado do palpitar humano do ventre.
Atrevinme a enredarme de máis no sabor do colar da serpe elocuente.
Resistín a dura incidencia cuestionada polo mal vicio.
Espertei con máis forza berrada e sen ganas de ningún compromiso.
Perpetuei o ananás espetado en cincentas manobras,
manobras dun humano errado en incidir na derrota.
Todo son quendas de ver quen máis sabe ou entende do malo.
Mais insisto en que calquera que dubide

saberá que norte e culpa sempre estarán errados.

martes, 30 de junio de 2015

Remexendo a atmosfera toda.

Trenzamos loitos con mans áxiles.
Mentres da boca brote aire,
que nazan flores ou ritmos paralelos facendo frente.
O espello dos meus párpados
Está no alto,
na risa,
na marcha,
no peito descuberto,
en cellas abispadas,
en verbas libres,
na música que navega voando,
no tambor colorado,
na congregación de asombros e despertares.   

As preguntas trenzadas en pasos alados de amores impúdicos,
viaxan por territorios a modo de abanico sostido por mil mans.
Mans de raiba e dor,
de claridade e mirada fixa,
de esperanza e amor pola vida.
De memoria, de dúbida,
de emoción cristalina.

Dende a vida,
esa divina finititude.
Abanicamos o vento que respiramos e nos mantén cos peitos hinchados,
a espalda recta e o frente ben alto.
Abanicamos o grito que sacude,
derruba e constrúe.
Abanicamos o alento entre beixos.
Abanicamos o aire que seca bágoas de perdas.
O noso abanico é un corazón san de tantos terreos como latexos de vida
Nun acto erótico batendo no aire

e remexendo a atmosfera toda.

sábado, 27 de junio de 2015

Eu son a muller ♀

Eu son a muller,
A esclava invisible,
A menina mutilada polo home sucio
A puta lapidada
A bruxa da fogueira

Eu son a muller,
Nunca en min,
Xamais dona enteira.
Sempre noutras mans o meu destino,
o meu corpo,
a miña esperanza cercenada dende o centro…

Eu son a muller que quenta a cama dos homes
Madrugo para bicar a súa fronte,
A pesar do seu silencio.

Podería comprender a súa mirada de garras despiadadas,
Pero non quero.

Non pecharei os ollos por máis tempo,
Non ofrecerei o meu cerviz outro milenio.
Virarei o meu rumbo ao sur do camiño.
Non vou salvalo de máis loitas
Deixarei a miña espesa carga de dor e culpa e que o mar leve o pus do tempo infiel.
E coas miñas mans de terra e mel,
Amasarei as horas e o pan de cada mañá.
E un día cantarei.




martes, 23 de junio de 2015

Cando escribo

Cando escribo,
como mero temperamento a non saber contestarlles aos colectivos que me preguntan cal é o problema,
reitero tanto o contido sonhador,
que inconscientemente me reprimo ante un sistema que non deixa pensar sen ningún tipo de condicionamento estúpido.
Cando escribo é porque a comunicación verbal en ocasións me satura,
é porque hai mil ideas que se me van do xusto e do inxusto do cerebelo.
Cando escribo é porque tenho demasiado que dicir e explicar sen comprendelo.
Escribir a herba, escribir a flor,
Escribir o frío que pousa no borrascoso do corazón.
Escribir a dúbida, escribir o rancor,
Escribir a coraxe de calquera mal menor.
Sen embargo,
cando tremo,
é só porque tenho frío.
Defendo a paixón como modo de vida.
E non,
darling bolboreta,
inda que semelle,
non é algo descabellado.

martes, 16 de junio de 2015

Crecemento idealizado

Abaneaba a cadeira ao ritmo no que o entorno lle sorría.
Cada raio que iluminaba o desconcerto do camiño,
Arrecendía a desexo incuberto de memoria caduca
Entre pasatempos,
Entre un comezo cheo de illusion
Esticaba os beizos para berrar lembranzas tan vellas coma esquecidas.
Crecendo, rachou coa sumisión cara aos sentimentos nefastos
Cara a melancolia que outrora fora un arte.
Crecemento de chupete.
Crecemento xa coñecido.
Medrar ben, e sempre con él.
Medrar ben, e sempre contigo.
O tarará que me canta a cotío e con coidado,
Ese,
Ten ritmo de estrela invertida en lume fogoso.
Ese,
É o seu crecemento idealizado.

Coa paixón do navío que eu traio no sangue,
Co tempo que me sobra en protección heroica,
Lambería o xesto que ten ao mirarme.

Traizoaría o ideal que indecentemente me trastoca.

Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...