https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

martes, 25 de agosto de 2015

A loita é nosa!

Realmente agradezo o drama que me ronda,
que nos ronda ás mulleres e ás proxecto de muller nas que volcamos soños e ilusións idealizadas.
Severamente énchome de ego e raiba cando non acontece,
ou cando hai pedras de dificultan a nosa tarefa,
que é idealización por un estado estancado en machismos inquistados de séculos,
mellor ou peor,
paseniño,
vai tornando.
Pero é lento.
Camarada,
compañeira,
amiga,
irmá,
moza,
non o esquezas
a loita non só é túa.

É nosa!

jueves, 20 de agosto de 2015

Rata de dúas patas

Maldita cucaracha,
Rata de dúas patas,
Falaba contigo cando estremecía os soños con eles,
Os salvaxes,
Aos que semellas só en maneiras.
Eres o que o diccionario define como burdel.
Infectas e feres.
Serpe desfeita en mil vidas.
Amor deses que matan,
Búsqueda dun lugar máis tranquilo para un simple revolcón co máis chulo da comarca.
Odio o teu ser,
Odio eternamente o feito de ter que demostralo.

Xa que a debilidade do odio é ínfima,
Ai 
rata de dúas patas.
En ocasións,
Inda te soño en pesadelos que me fan chorar.

E hoxe,

Chorei.


domingo, 16 de agosto de 2015

Renuncio á utopía

O tempo causome tantos estragos despexados en bágoas
Que cando choro inundo a cama de tristuras que non me seguen no ritmo acelerado da vida.
Porque se confío no aparente,
me derrumbo
E derrúmbome máis do que o sinto
E sinto tanto como sufro vermes.
Deléitome e regózome na desgraza de ser na situación equivocada.
E o equivocado é o constante.
E o constante non existe.
Polo tanto,
non me adoro nin me esquezo.
Só me latigo no falso triunfo de querer ser a transmisora dunha realidade
Que ás veces, dudo que sexa a miña.
Inda que sexa a máis leal e pura para contala.
Bolboreta,
Hoxe non sei se dicirche Darling,
Hoxe non saturei a felicidade que debería
por ter triunfado na retahíla coa que levo tempo soñando.
Mostreime e postreime,
E asustoume o feito de ser boa no drama de contar o triste.
Renuncio á utopía,
estou matando o sorriso que me definía.

Mais tranquila,
O meu corazón,
seguirá latexando.



viernes, 14 de agosto de 2015

Son un soño

Amor meu,
Meu cándido, acalorado e rudo neno.
Son a túa paixón tola e simple.
Son o que idealizaches nada máis tocar o meu ventre espido,
Son o que defines cando soñas a melancolía da tenrura.
Son tanto e nada.
Son a expectativa da túa frustrada e insensata vida.
Son o dúo de anxo e demo que te ronda.
Son a túa mellor obra de arte.
Son mero e eterno capricho debuxado en ondas.
Ondas tan perfectas como a armonía que nos une.
Non somos un,
O feminismo dicta que somos dous seres.
Dúo completo e conectado ao paraíso dos namorados.
Son un soño irreal,
Coma ti menino.
E inda que pareza absurdo,

un día espertarás.

jueves, 13 de agosto de 2015

Non é fin, é correo non chegado

Rocei finuras,
biquei maltrato,
atosigamos o inherente a unha relación humana,
segundo o definido por un amplo colectivo moral.
Erramos,
meu amor,
atósigámonos entre o utópico do abstracto final incerto ou condenado.
Máis seguimos,
non por loita,
foi por amor
e valóroo.
Valoro o delito da túa loita que non chegou aos meus xeonllos.
máis mentiría se finsixe arrepentimento.
Seguei posturas
e saíume non quererte.
E non lamento.
Quero demasiado o feito de non querer amar o que non pode ser amado.
Eso son eu.
Panfleto oxidado,
nunca agardes polo comensal que non quere ser convidado.
Non é fin,
é correo non chegado.
Prende lume cando a herba xa non teña amarelo rozando.

lunes, 10 de agosto de 2015

Leona

Leona,
Vou lamberte,
Vou alimentarte e malnutrirte por envexa,
Vou querer quererte,
Vou espir a túa moral.
Si é que as xoias coma ti a teñen.
Leona,
Voume desangrar para ti,
Quéreme tanto como un crío quere teta.
Déixame ver nos teus ollos que che fago felíz,
Restrégame que somos caliza entre tanto fento.
Leona,
Quéreme tanto como os soldados queren guerra.
E no final,
saberei que son felíz.




Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...