https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

jueves, 13 de octubre de 2016

Unha burbulla chea de sarcasmo

Había un continente
e unha burbulla chea de sarcasmo.

Ruborizada e con liñas de cores,
 bailaba.
Cando a man abanea,
 ela xera cumbia
e estampa ao merlo
atraendo a nenas sen saia.
Vixía paraísos fiscais de bolas púrpura
con xemelgos cheos de fume,
e nunha cesta transporta soños proxecto.
Coa cara leva ideas que non calan as súas rarezas
e pinta cousas,
cousas do fondo do sinsentido que ama,
porque a burbulla ama.
e soñando crea,
e pensando erra,
porque cando cae
é por medo.
Amor ou medo?
non hai máis.
Manipula o corazón da vida plena,
sendo un xeito sutil
de equilibrar a balanza.

Había un continente,
con moitas burbullas cheas de sarcasmo,
que foron rompendo.



miércoles, 31 de agosto de 2016

O olvido na boca

(Achegas dunha mañá
entre soños e abrazos fantasma
no lugar que nunca debeu ser.)

Ves agora,
saboreando os meus párpados en cada beixo
e sen rendirte,
acortaches as estacións da nosa viaxe.
É a túa historia que renace,
a túa marcha que se resiste a chans resbaladizos
e sabes como aferrarte 
a eses lazos dourados do sol que te convenceu da súa beleza,
o mesmo que che conta historias dun cristal prismático 
cortado por ti.
Encontrámonos para sabernos
nun enterro de bolboretas,
nunha chama de vagalumes,
nunha pintura de xirasois extraviados,
para seguir,
despois desto,
despois de todo.
É a túa historia,
agora miña,
e xa nosa.
Somos a historia de alguén,
o recordo de alguén,
o olvido na boca.

sábado, 30 de julio de 2016

E todo serán sumas

E todo serán sumas
Con omisión de restas
E caerán os mitos
Que nos inculcaron de nenas
Apoloxía ao terrorismo
Liberdade auria
E desconexión ante calquer prexuízo
O tabaco orgánico
E a flor astral
Temores libres de conquista colonial
Tensións ante fatigas nobres
Cúmulos de conversas plenas
O vanal restado
O amor sumado e consumado ante doenzas
Medicinas sen cápsulas
Nais con tetas libres nas rúas
Tremores nas nádegas deconstruídas
Fora eus
Sempre nós
Sempre xuntas
Inversións que axuden a loitar
Para construír
O que non quere ser xa un ideal
Senon un xeito de librepensar
De crear
De crearnos
Ceibes
Ser pensante
Ser valente
Seres unidos polo simple
Polo necesario
Para querernos e comezar a valorarnos
O simple das verbas
É un berro desesperado.

Se me despido 
é por gratitude ante a beleza do extraño.
E todo debería ser beleza.
E todas.



jueves, 28 de julio de 2016

O mellor psicotrópico que vivín,
tambaleaba frente a auga da mellor praia primeriza
drogas de hippie felíz
e baratos infartos de sorrisos forzados.


Xa vin ao meu corazón,
e sigue ben,
segue a latir.

O mellor cheiro que papei
nunca fuches ti.

Que alivio hoxe,
que bocanada de aire libre.

martes, 28 de junio de 2016

No claro e fumigante desterro
nunca fuches ti quen foi collerme
porque aparte de se me romperen as unllas todas
crispábanme os nervios
e as peles malas dos beizos
enbranquecían co avance do sol.

O reloxo estaba mal pintado
naquela boneca de porcelana
cual neno mal alimentado.

Cousas da crisis primermundana.

Abismos plurilingües e distintos.

E o baile na foliada
significaba
diversidade
vida
alegría
tranquilidade literaria e divina comedia.

Sempre recitamos
para nós
sendo nós
a totalidade dun sentimento alegre.

jueves, 16 de junio de 2016

Imos ver xuntos onde nace o sol

Tenro beizo dunha rosa
sexo volcánico do mundo
disciplina do desexo.
Xurei días,
coma en tempos.
Loitando encarnizadamente para ser fornicada
ese lume que é amor
esa necesidade de amar
coma un burato que chora na alma
esa droga que nos mata,
e conxelou o meu sangue.

Foi ahí cando a lingua se me pegaba na boca,
non podía falar,
por lamberte.
Palabra obscena, babosa, estridente, risoña
Comecei a balbucear como puiden
tachada de maltratadora
manipuladora, traidora, inestable, cruel, (femi)nazi, agresiva e enferma.
Tentando resposta,
xa non souben conterme.
O teu tambor de guerra xa non soará máis alto que o meu alento!
Nunca fun pura, nin quero.

Botáronlle sal a infancias de limón,
e esqueceron,
sen reparar na miña forma exponencial de experimentar.
Mais calma,
non temamos ao que xa estoupou,
temamos ao que inda non.

Confésoo,
non quero ser a cativa que medrou e tivo que escapar para marchar.
A que nunca máis vivirá viaxar,
pola merda que só ten para retornar.
Non quero non ter casa á que voltar
nin beixo contaxioso que non dar.

Terei o gusto de desangrar a historia en silencio.

Pensa,
algunha vez bailamos agarradiños rumba?
collidos da man ou do revés espidos?
Inda que a suciedade xa o cubra todo,
xa voltou a primavera
e calquera diría que rematou a guerra.

Treme ese sorriso comigo
alza os xemelgos
apreta ese meu cu de sonoro muchacho
que la casa cruja y yo contigo
e dende o pulmón ben cheo
ata estómago oprimido
presume,
que hoxe é festa!
e eu,
estou aquí.
Logo falarán os meus osos na terra,
para dar vida a un incendio
que prendeu coa arte na herba.

Imos ver xuntos onde nace o sol.

Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...