https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

lunes, 24 de abril de 2017

Queremos. Querervos. Querernos.


Hoxe vin,
pensei loucura,
e tola eu 
que toleei coa nosa.

Y quien va a a detenerte?

Sinte a euforia de sentir algo que pasa
Non é novo
Eu sinto algo que arrasa
Co sentido
O intelecto
A bravía pura que semella un sentimento
É bonito
Somos bonitas
Porque sentimos de algo simple
o imperfecto que nos mata,
eso asinte,
é fomento de insalubre paixón
Incoloro o fume que suspiro
Porque temo que algo vaia non adscrito
Sinaliza
Coopera
Simpliza
Somos moitas
E queremos
alegría.
Poderán cortarnos 
Que mutiladas gañaremos.

Queremos
querervos
Querernos

e que algo cambie,
Eso é real, 
eso é verdade.



martes, 7 de marzo de 2017

Estrepitei un novo cazo
e nin sabía si era dor
o inconexo dalquel leite derramado no chan
era máis chamativo que a tolemia do insconstante.
O leite era liso, ténue, branco...
e de algo tan limpo
crearon unha realidade sucia e preocupante.
Derramar o leite está mal,
romper cristais está mal,
prender lume está mal,
pegar está mal,
eructar está mal,
insultar está mal,
vivir está mal.
Son realidades distintas
según o caso
según a causa.
Aquí,
o que estaba sucio era o chan,
onde pisaban eles
non o leite
que bebiamos nós.

viernes, 16 de diciembre de 2016

A calada emocional

A calada foi rompendo
E eu quería rompela
que se fose tan rápido como os nosos dereitos
e souben guiala
aspireille enerxía, forza e tempo
fun un cúmulo de noxentas maniobras egoístas
que a levaron ao meu ámbito
cuase depresivo e constante
só cunha mera inhalación de estructuras similares
e entre esa calada de vida
fóiseme un pouco de desapego social
e xa é moito o inspirado.
Fúmovos como vos me fumades.
Personificacións abnegadas a valores.
Lindezas cruentas de nocivas charlas sin sentido.
Atrapeime co fume da vida que foi instantánea nese momento
Neste momento, tamén instante
Escribilo faino máis dinámico
Fálovos da dinámica do afecto
As emocións construídas socialmente
e cheas de descontento.

Esas que son fume.

domingo, 20 de noviembre de 2016

Videopoema "O olvido na boca"


As nenas lilas


Fai dous invernos que o frío se me fai menos pesado.
Ese calor húmido que remata doendo,
apenas alcanza a superficie do meñique que teño máis pequeno.
Os sabañóns que inundaban con frecuencia a dermis das mans cativas
xa me saúdan menos,
e inda que os respeto,
nunca me fixeron moito ben.
Gorriños, bufada, manoplas, franela, 
abrigos, botiñas, la, café, canela.
Sempre foron variables constantes nos meus invernos,
e nos nosos.
Fai dous anos que estaba conxelada de incertidume.
Ese frío invernal que me conxelara ate as pestanas.
A néboa era densa 
e perversa.

Hoxe, 
fai menos frío 
e a néboa é menos densa tamén.
As pestanas alongaron ata o ceo 
onde falei cun mestre 
(foi el quen espantou aos sabañóns),
e non, 
non era ese Deus supremo.
Era un paxariño que voaba nun globo lilás,

foi el quen me falou das nenas lilás.
A loita destas nenas era que o inverno cada vez fose menos frío,
que non houbera nenas con sabañóns,
nin tanta roupa tapando caras,
querían facer do inverno
algo máis cálido,
máis fácil
e libre.

jueves, 13 de octubre de 2016

Unha burbulla chea de sarcasmo

Había un continente
e unha burbulla chea de sarcasmo.

Ruborizada e con liñas de cores,
 bailaba.
Cando a man abanea,
 ela xera cumbia
e estampa ao merlo
atraendo a nenas sen saia.
Vixía paraísos fiscais de bolas púrpura
con xemelgos cheos de fume,
e nunha cesta transporta soños proxecto.
Coa cara leva ideas que non calan as súas rarezas
e pinta cousas,
cousas do fondo do sinsentido que ama,
porque a burbulla ama.
e soñando crea,
e pensando erra,
porque cando cae
é por medo.
Amor ou medo?
non hai máis.
Manipula o corazón da vida plena,
sendo un xeito sutil
de equilibrar a balanza.

Había un continente,
con moitas burbullas cheas de sarcasmo,
que foron rompendo.



Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...