https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

domingo, 30 de julio de 2017

Ser río

Desnudeime
Entre esas peles soleadas e incentivadas por desordes
Químicas e físicas
Sentín ao vento guía,
tranquilo,
e tranquiliceime
Coma se fose un río
O río con vida
do que falan os que levan a meditación nas veas
Sumerxida en sangue limpa
e máis lilás que vermella
Trepei pola rede
A rede intacta
do que me liberaba
e por un intre
pechei os ollos

e fun ese río.

domingo, 21 de mayo de 2017

EGO

Se cuantificásemos o dominio do EGO nun corpo
equipararía o dominio da auga no mesmo
de xeito intransixente co órgano motor
reinventaría o sistema sanguíneo por medrar e crear imperio.

E nós,
tan conscientes e permisivos
mercaríamos un novo tórax para favorecer o cambio.
O mundo xira tanto como a cabeza
E o sentido é inexplorable e vanal
ata que algo falla
sen encaixar no novo corpo
Que, pouco a moito
fomos estropeando e matando.
Extrapolable á industrialización na nosa pel.

A estupidez humana
quero pensar que sí ten límites,
é cousa do humano

escollelos e aplicalos.

jueves, 27 de abril de 2017

Ese cheiro que arrecende a mistos
é como aquel serxei de meu pai gardado no armario de enriba da cama.
Pensar que aquel xersei, de marca, era de meu pai...

Xa non sei nin si me lembro ben de como ri
pero,
ás veces penso nos sons das risas alleas
e procuro similitudes.
Hai as que amosan falsas alegrías
as que choran rindo
as que dormen rindo ou respiran forte
as malas risas cheas de lume
ou as profundas, as sentidas,
as reais,
esas que babean ás veces
e serven.

Meu pai ría forte
e non era moi varonil cando ría,
pero eu gostaba
cando era conmigo.

O xersei é beige,
con cuello en pico.
É un xersei hipster,
ou case hippie se o investigas profundo.
E eu,
nunca o movín dese armario,
penso que ahí estará seguro para ambos.

Non é bo que explore.

A lúa xa explora,
hoxe sobre todo.
Igual a vemos os dous,
e sorrimos xuntas,
babeando as bágoas que nos uniron
nas amargas despedidas.


lunes, 24 de abril de 2017

Taparnos, para estar menos vacías

É o corazón
Que marchita
Porque esta sociedade nos está marchitando
con tanta suor esvarada en van
con tanto fillo mal parido e non querido
con tanta falta de estado de benestar prometido
cun feixe de solapas como remendo
coas nais matadas e os país ausentes
con tanto fío para tantas poucas agullas
que fai tempo se perderon
pérdidas sabidas e queridas
e outras roubadas.
Porque o riso xa se sobrevalora tanto como o diñeiro
E as gañas se desvotan no comezo dun luns calquera.
Os beizos québranse pola sede máis que polo frío
E xa van moitas bágoas sen sentido
De tanta xente,
como raiba e medos
O medo á loita
O medo á queixa
O medo a non saber saber o preciso
No momento cómplice de tantas caricias
Bos tempos en malas etapas
Que nos destrúen tanto por dentro
Escapatorias dignas de estudo e entendimento
Sutiles maniobras de trapecista en paro
Estamos parados
Ante un desastre
E seguiremos camiñando
Porque non só hai luns calqueras
Hai lúas cheas
Que dignifican o desastre.
A formación como meta de autocoñecernos
E salvarnos dun abismo fondo e cada vez máis constante.
Consolamos en mentiras manipulables
E decidimos taparnos

Para estar menos vacías.

Queremos. Querervos. Querernos.


Hoxe vin,
pensei loucura,
e tola eu 
que toleei coa nosa.

Y quien va a a detenerte?

Sinte a euforia de sentir algo que pasa
Non é novo
Eu sinto algo que arrasa
Co sentido
O intelecto
A bravía pura que semella un sentimento
É bonito
Somos bonitas
Porque sentimos de algo simple
o imperfecto que nos mata,
eso asinte,
é fomento de insalubre paixón
Incoloro o fume que suspiro
Porque temo que algo vaia non adscrito
Sinaliza
Coopera
Simpliza
Somos moitas
E queremos
alegría.
Poderán cortarnos 
Que mutiladas gañaremos.

Queremos
querervos
Querernos

e que algo cambie,
Eso é real, 
eso é verdade.



martes, 7 de marzo de 2017

Estrepitei un novo cazo
e nin sabía si era dor
o inconexo dalquel leite derramado no chan
era máis chamativo que a tolemia do insconstante.
O leite era liso, ténue, branco...
e de algo tan limpo
crearon unha realidade sucia e preocupante.
Derramar o leite está mal,
romper cristais está mal,
prender lume está mal,
pegar está mal,
eructar está mal,
insultar está mal,
vivir está mal.
Son realidades distintas
según o caso
según a causa.
Aquí,
o que estaba sucio era o chan,
onde pisaban eles
non o leite
que bebiamos nós.

Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...