https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

martes, 23 de junio de 2020

23 de Xuño de 2020: Fai xa 1 día

Sentir coa intensidade coa que escalaron as fervenzas

Foi un xeito de medrar contigo

 

Deixar que as pegadas me leven

 

Porque quero amarrar a auga coas mans

 

Case en silencio, 

eu podería escoitarte.

Mira,

son como lagartas 

que se meten polos buracos de todas as paredes

e reptan ate nós.

 

Eu quería ser como aqueles paxaros dos que non sei o nome

Quedei de lado, 

sen saber reaccionar

e igual agora sí que é certo que me levan presa.

 

E co meu ego xa verei como fago

 

Ao final parece que todo reside no bar

e na saúde mental.

 

Hai un palacio real,

cheo de cuartos para plantar,

 

hoxe plantei as miñas ideas

e un cuarto de liberdade,

por se acaso.

 

 

martes, 19 de mayo de 2020

A cidade seguía a medio facer, 
sempre a punto de parecerse a algo. 
- Era unha inválida emocional, 
 xúrovos que o era. 
A soidadade apuntaba con cañóns 
sen topar tranquilidade en nada, 
mais corriamos cara diante, 
por se acaso disparaba. 
🖤

sábado, 9 de mayo de 2020

Un descafinado

Houbo un día no que nos romperon.

Tan pequeno o corazón,
que treme coas gañas de desatar a corda do pescozo
Teño un mal alento,
que se me repite nas noites e non desafoga o nervio.

O semestre foi curto,
o nadal longo.
Todo, mentres falamos das mil e unha crises.
Que máis da xa,
se estás conmigo.
A vida é curta se queima,
Cando a morte,
longa,
se prende.

Aquela mártir de guerra irrecuperable con depresión clínica que nin se sabe real.
Pode que sexa un invento das defraudadas co mundo.
Será que tamén choran
Precísanse,
inda que só polos ollos.

-Un descafeinado de máquina, por favor
-Un zume natural
-Un corpo tamén, natural, se pode ser.

Hoxe almorzamos san, e choramos natural,
inda que só sexa por un día
por orgullo e amor
cara a todas as defraudadas co mundo.
Haberemos de toparnos.
Pero ten que chover.

Esa xestión

Esa xestión da inmensidade tan irrespirable
Un xuízo claro e aberto cara unha mesma
O tolerable,
polo medo a rematar
Os afectos que se reconcilian no tempo
Os que xa non queren voltar, 
por tranquilidade
Un ser con vida que se manifesta nos relámpagos soleados
A contrariedade en sí mesma
Un mero vacío 
A cotidianidade do ser
As institucións que perpetúan o maltrato 
Unha decepción tan íntima 
Con esa inmensidade
Na que voltamos a vivir.
Por sorte,
Sempre é transitorio
A ansiedade como tal,
É perturbadora.
O mundo como tal,
É inestable.
Polo tanto, ese xuízo,
Se ten que ser,
Que non sexa conmigo.

Unha poesía que transmite,
Un mundo que crea,
Mentres as mulleres,
Voltamos a deconstruílo todo.
Ata é rutinario últimamente 
o de loitar contra todo,
menos contra unha mesma,
eso,
inda que pareza unha obviedade,
nunca nos gustou.
Foi algo que aprendimos do sistema.

“Como di Sara, 
Si no tuviera corazón, 
Si no tuviera ojos para ver lo que vi,
No sufriría tanto.”

viernes, 1 de mayo de 2020

Xa non hai voz para limitarse.
Queríannos cando non nos querían querer,
e agora xa non queremos querer nin como sereas.
Dame aire Terra,
eu prometo querer (te) mellor.
Desculpa, ate non fai moito, tiraba os pitillos sen rematar de fumar (me);
Esfumei tamén,
sen pensar
en que só ti me sostiñas.
[A Terra xa non vai chorrar máis por nós]

miércoles, 18 de marzo de 2020

DÍA 5 EN CORENTENA

Hoxe estaba sendo todo bastante estático
Un novo milenio cheo de desinterés
avanzaba
Un virus novo e desconxelado
caeu do ceo todopoderoso
E unha poboación con medo
xa non camiñaba
Todas éramos menos
Pero xuntas éramos máis
Ante unha nova forma de apego
e con tanta clientela virtuosa,
Podería definirse un novo espazo de incertidume,
o que de normal sería libre.
Sentíamos un raro síntoma,
Un estado asexual e en paro cardíaco.
Se queríamos cambiar,
Non tiña por que ser todo tan rápido,
Algo menos disciplinario
Algo máis coherente
Algo con arte e saúde obreira.
Enxauladas polas propias mentes do poder,
Algo que ninguén nos está explicando,
Algo duro de entender,
Inasumíbel dende unha perspectiva humanista
ou simplemente dende a razón.
Todas somos o virus,
varios coronavirus há.
Pero onte,
limpamos as ventás
e topamos a luz a través delas.
Arranxamos a cociña
e traballamos a culpa.
O incandescente estado de autocoidado
co que ninguén contou,
é o noso propio amor.
Hoxe especularemos nunha nova concepción de aillamento,
Quizáis tentadas pola conspiración e a fame
hoxe somos,
coma sempre,
un mero producto
do que ate agora, fomos mercando.
A ver se mañá,
xa somos menos.

Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...