https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

viernes, 21 de agosto de 2020

 Aspiramos cogumelos cheos de bacterias pobres

templamos o xantar do rei, para que non ardesen xuntas
permitimos berces de cristal para os copos de neve
e manchamos todo o ventre do veleno das meigas
Antepúxosenos o demo varias veces na camiñada
mais non falaba
nin escoitaba como nos tremían os dentes
El ou ela,
non tiña dentes.
Nós,
corrimos cara adiante
todo recto,
dereita,
recto
e baixada cara ao porto.

Ninguén nos perseguía
Xa non había ninguén detrás.

Igual,
inventamos demos,
para xustificar o mero feito de que correr cara adiante
está ben.

domingo, 26 de julio de 2020

Danzando coas danzantes,
as que non poden darlle mais lume á cacharela
Botamos en falta o fío que une os bailes
parece que rompe,
que escacharon os berces 
e as mazás que non comimos 
Libres de ser confinadas 
e coa dozura da libélula 
A tatuaxe que xa non carga 
E non é vicio, 
é o voo da primeira aventura sen pandemia. 
Imos darlle a volta ao conto. 
Só por estar tranquilas 
Un para arriba 
Outra para abaixo 
Ao longo da vida tamén hai sobresaltos 
E que indecisas nos volveu Apple 
Un pouquiño máis de fariña 
que vou facer tantas empanadas coma me den os ollos
para ver, que inda que os coches choquen, 
as mans inda se van movendo
para tocar o mundo.

martes, 23 de junio de 2020

23 de Xuño de 2020: Fai xa 1 día

Sentir coa intensidade coa que escalaron as fervenzas

Foi un xeito de medrar contigo

 

Deixar que as pegadas me leven

 

Porque quero amarrar a auga coas mans

 

Case en silencio, 

eu podería escoitarte.

Mira,

son como lagartas 

que se meten polos buracos de todas as paredes

e reptan ate nós.

 

Eu quería ser como aqueles paxaros dos que non sei o nome

Quedei de lado, 

sen saber reaccionar

e igual agora sí que é certo que me levan presa.

 

E co meu ego xa verei como fago

 

Ao final parece que todo reside no bar

e na saúde mental.

 

Hai un palacio real,

cheo de cuartos para plantar,

 

hoxe plantei as miñas ideas

e un cuarto de liberdade,

por se acaso.

 

 

martes, 19 de mayo de 2020

A cidade seguía a medio facer, 
sempre a punto de parecerse a algo. 
- Era unha inválida emocional, 
 xúrovos que o era. 
A soidadade apuntaba con cañóns 
sen topar tranquilidade en nada, 
mais corriamos cara diante, 
por se acaso disparaba. 
🖤

sábado, 9 de mayo de 2020

Un descafinado

Houbo un día no que nos romperon.

Tan pequeno o corazón,
que treme coas gañas de desatar a corda do pescozo
Teño un mal alento,
que se me repite nas noites e non desafoga o nervio.

O semestre foi curto,
o nadal longo.
Todo, mentres falamos das mil e unha crises.
Que máis da xa,
se estás conmigo.
A vida é curta se queima,
Cando a morte,
longa,
se prende.

Aquela mártir de guerra irrecuperable con depresión clínica que nin se sabe real.
Pode que sexa un invento das defraudadas co mundo.
Será que tamén choran
Precísanse,
inda que só polos ollos.

-Un descafeinado de máquina, por favor
-Un zume natural
-Un corpo tamén, natural, se pode ser.

Hoxe almorzamos san, e choramos natural,
inda que só sexa por un día
por orgullo e amor
cara a todas as defraudadas co mundo.
Haberemos de toparnos.
Pero ten que chover.

Esa xestión

Esa xestión da inmensidade tan irrespirable
Un xuízo claro e aberto cara unha mesma
O tolerable,
polo medo a rematar
Os afectos que se reconcilian no tempo
Os que xa non queren voltar, 
por tranquilidade
Un ser con vida que se manifesta nos relámpagos soleados
A contrariedade en sí mesma
Un mero vacío 
A cotidianidade do ser
As institucións que perpetúan o maltrato 
Unha decepción tan íntima 
Con esa inmensidade
Na que voltamos a vivir.
Por sorte,
Sempre é transitorio
A ansiedade como tal,
É perturbadora.
O mundo como tal,
É inestable.
Polo tanto, ese xuízo,
Se ten que ser,
Que non sexa conmigo.

Unha poesía que transmite,
Un mundo que crea,
Mentres as mulleres,
Voltamos a deconstruílo todo.
Ata é rutinario últimamente 
o de loitar contra todo,
menos contra unha mesma,
eso,
inda que pareza unha obviedade,
nunca nos gustou.
Foi algo que aprendimos do sistema.

“Como di Sara, 
Si no tuviera corazón, 
Si no tuviera ojos para ver lo que vi,
No sufriría tanto.”

Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...