https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

martes, 16 de junio de 2015

Crecemento idealizado

Abaneaba a cadeira ao ritmo no que o entorno lle sorría.
Cada raio que iluminaba o desconcerto do camiño,
Arrecendía a desexo incuberto de memoria caduca
Entre pasatempos,
Entre un comezo cheo de illusion
Esticaba os beizos para berrar lembranzas tan vellas coma esquecidas.
Crecendo, rachou coa sumisión cara aos sentimentos nefastos
Cara a melancolia que outrora fora un arte.
Crecemento de chupete.
Crecemento xa coñecido.
Medrar ben, e sempre con él.
Medrar ben, e sempre contigo.
O tarará que me canta a cotío e con coidado,
Ese,
Ten ritmo de estrela invertida en lume fogoso.
Ese,
É o seu crecemento idealizado.

Coa paixón do navío que eu traio no sangue,
Co tempo que me sobra en protección heroica,
Lambería o xesto que ten ao mirarme.

Traizoaría o ideal que indecentemente me trastoca.

jueves, 11 de junio de 2015

Condena literaria de mel


De casa doce e traballo infelíz.
Pegañenta áncora dun semáforo intermitente
Non era unha,
Eran mil.
Tantas, coma buratos caracolosos cumprindo o rol de oficina
Transeúntes.
Enganadamente larpeiras para os vivos
De flor en flor,
Coma concubinas ditosas
Traballan saboreando o azucre que lamben sen saber.
Sen saber que son obreiras
Obreiras con máis doce que poder.
Mais a raíña.
Ela e o total do labirinto.
Ela é a condenada que impón condena.
Que raro,

esta, 
é a mina primeira condena literaria de mel.


miércoles, 10 de junio de 2015

Sen complexo, simplemente estaba tola.

Tenra lúa de falsidade reversible,
coma nos cráteres.
A minha, é só minha,
A nosa, sempre foi túa,
O lascivo da sociedade tamén é común
Coma o despexado do día berrando chamizo a dúo.
Tola,
foi máis sorpresa que rutinario.
O esquecíbel do día.
O rastrexo do can ledo.
O lusco e fusco da timba máis poética que a mesma poesía,
Arrinquémoslle o cromosoma que lle sobra,
É tola,
E queremos común.
Queremos o que define a sociedade afín ao goberno.
Matémoslle a loucura tornando en cordura a fin do maltrato.
Non é que fose única entre tantas,
Sen complexo,
Simplemente estaba tola.

"Hai veces, que cando alguén debe asumir algo moi forte, refúxiase na loucura.
Hai veces, nas que a realidade non é outra cousa que dor, e para escapar desa dor, a mente debe esquecer a realidade.”

Patrick Rothfuss

sábado, 6 de junio de 2015

Oda a Compostela


Foi un tenebroso xeito de sentirse a salvo,
Foi a maxia da rebosante cultura poética da cidade,
Foi o sentimento de Galiza e de muller galega acrecentándose a medida que pasaban os días mollados,
Foron os corazóns que fun creando a partir do amor propio e cara aos meus,
Foi tan rápido,
Que quixera repetición diferente no mesmo século.
Foron tantos riscos,
Tantos medos tan contentos
Tantos bos ratos acompanhada en soidades diferentes.
Tanta paixón disfrazada de lamento súbito.
Tantas noites “estreladas” en finais máis ou menos máxicos.
Tanta auga e bos versos…
Foi ela,

Minha linda e ben querida Compostela.

Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...