https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

viernes, 11 de marzo de 2016

Fala!

Dillo,
Que non te pare o medo,
Sóltao,
libérao,
déixao,
dallo.
Dalle o dereito.
Date o dereito.
Fala.
Berrar en alto,
sempre foi mellor

que berrar en silencio.

domingo, 6 de marzo de 2016

Alguén llo da,
e logo llo quita.
Só por inercia.
Loita á inversa,
pola cobertura da última vítima.
Nunca gritou,
nin reclamou.

Non hai tanto pan.
É lamentable.
Xa non hai xente
para tanta casa
Xa non hai pan
para tanta xente.

Alguén llo da,
e logo llo quita.
Só por inercia.



miércoles, 2 de marzo de 2016

Mentres respire, todo é posible

Non foi nada máis que verte
e perder algo,
unha parte de min,
que brutal desconsolo.

Perdín ego e gañei tumba.
Puta ilusión.
Enganeime,
todo era expectativa.

Sigo no intento de acadar a esperanza.
De rachar con todo
de desidealizar a personaxe que inventara.

E mentres, respiro.
Din que mentres respire,
todo é posible.

Desafiuzada por aduladora

Cría na escuridade absurda que che empapela ata as feridas heroicas
que nunca cicatrizaron.
Cría na sorte que predicaban pitonisas
moi mal pagadas.
Cría na intelixencia da política,
dos artistas,
e sobretodo,
cría na dos maxistrados.
Pero un día, sen ser domingo nin luns,
para variar,
decidín deixar de crer na utopía.
Pensei na luz e saiume claro-oscuro.
Pensei na farsa e rexeitei a intelixencia astutamente honrada.
Confiei en que o problema era eu e non o mundo.
E chorando,
saiume rir tanto
que afogaba no delirio dunha frustante teoría mal formulada.
Non entendo.
Será que a loucura estaba entrando en min,
na miña casa,
tornada en cheiro insán?
E desmaieime.
Que tortura o non saber!
Pero que alegría saber que inda non sei.
Cuestioneime se realmente existía a fantasía,
zozobrei aventuras de xitanas bonitas que non sabían nadar,
torturei melodías,
e pequei co mundo no que estaba.
A curiosidade ante o cambio é como a hedra do edificio pouco adornado,
compleméntanse.

Rétame a osadía dos foráneos que se cren donos da terra.
Gústame o arte tanto como a mel.
Susurreille a un golfiño que me mareaba o conflicto,
e sen querer,
asusteino.

Se quero,
podo aparentar que non sei respirar butano
ou que se me rompeu un ril.

Non creo no amor eterno,
mais cando vivía en utopía,
sí sabía namorar(me).

Eu,
chámome aventura,
e ela,
desafiuzoume por aduladora.

viernes, 26 de febrero de 2016

Aire
Tremendo abismo
É o mesmo no Courel
que no lado esquerdo da man?
Percorreu sempre o noso corpo?

Na loita dos tamaños,
no mapa,
a sexualidade
sempre foi tamén abismal,
mais sen importancia.

Morreu na cordialidade
porque,

quen non morre por precaria
morre pola incoherencia de non ser normal.


Inspirado en "La chica danesa"

sábado, 20 de febrero de 2016

O iogur que comía
o cacao que lambía
a tea, que xogando,
cacareaba novas cheas de sarcasmo.

O berce insumiso
que se recreaba na cordura do tolo
ondeaba a desilusión do ceo.

O CEO só choraba polas rapazas mortas.
A MORTE deixaba á fouce por ciumes.

Mentres todos corrían,
un paxaro aldeano incidía na dura costume
de transportar nenos,
de levar vidas.

A morte impotente,
desgraciada
maldita
torturada
triste
vivía da beleza do profundo,
xa que por cuestión amorosa,

xa non podía
matar.

Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...