https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

miércoles, 29 de abril de 2015

LVIII

Encerrada aquí me encontro,
con prohibida liberdade.
Se me despisto,
igual me rouban a dignidade que por dereito tenho.
Non poden negarme o aire,
preciso respirar.
Un día sonhei unha nube que voaba polo mar, eu ía nela cantando melodías de mariñeiros que choraban a tristura de non estar en terra coidando o seu castelo e a súa princesa.
Que curioso.
Uns tanto, e outros, demasiado pouco.
Son reixas, reixas grosas e vellas o que vexo ao levantarme do descanso tan mentireiro que me proporciona esta cama sen colchón.
Eque se me van os ollos da cela á brisa do mar que se desperdicia aquí,
día a día.
Soa, sen ter nada,
nin consolo,
só cemento no que encaixo, 
como can no seu descanso,
con dereito ao seu paseo e sen nome.
Son unha presa.
Non son nada xa, roubáronme o dereito a ser muller.

Pequei, vaia se pequei!
Pero creo que merezo unha oportunidade.
En verdade só loitaba por min e a minha liberdade.
As minhas compañeiras choran,
e o peor é que eu tamén sei chorar.
Destrúeme pensar que a vida pasa e a minha nena se me vai.
A minha nena... ela cría na liberdade.
Ela está soa, sen ninguén que a vaia axudar se algún día decide que non pode máis.
Eu tamén sentiría rancor,
pero ás veces pódeche a dor.
Isto non é san.
Que lle pasa ao mundo? 
É tan malo roubar unha sardinha por culpa da fame que matar a un trasno?
Ao meu xa o mataron.
Non me gusta,
non me gusta nada queixarme.
Xuro que nin río nas cóxegas,
pero tenho un bulto inflamado no peito que se me reinflama cada atardecer que pasa e eu sigo aquí,
encerrada,
esperando a ser xulgada.
Merezo un xuízo, con xuíz e avogado.
E non obstante levo aquí xa máis de 490 lúas esperando a celebralo.
Tenhen medo a que me namore da liberdade se saio,
pero o que non saben é que xa hai tempo que dela prendei.
Só queda esperar.
Mais inda que me corten as ás,
bolboreta linda,

non me esquecín de como voar.

martes, 28 de abril de 2015

Chin, pun, plas.

 É tan bonito que me asusta, é como secarse as engurras de tanto rir contra o vento que só sopra elementos relacionados con desgrazas,
é tan máxico que nin con ilusión se curaría,
é un verbo que caminha sobre espárragos enrolados en violetas de campos fluorescentes, pero que non brilan na escuridade.
É simple, pero ninguén o comprende, ninguén sabe onde está nin de onde vén nin por que se vai sen avisar aos lunares que esquecen bolboretas para perder o peso e voar cara ao lugar.
Non se pode explicar con palabras,
sentídeo.
É especial.
Dura menos dun segundo e pode voar cara á outra esquina do abismo ao que te fai chegar só co seu olor ás veces ata fantasmal,
pero real.
Non é falar por falar, non é outra parvada máis, non son só letras que fan marabillas coas palabras,
non,
é un complexo non lineal, é cambiante, é intenso,
é absurdo pero mortal.

Cruza a linha do control á fantasía, é cuestión de probar,
é un momento no que as pálpebras vanse relaxar,
as pestanas deixan de pensar,
os labios transfórmanse en impulsos de xirar como xirasois en celo,
o teu padal arderá como arde o lume sen volta atrás, e xa está.
Acontecerá, sempre acontecerá.
É casualidade, momento clave, instante en branco e pesadelo sen rematar.
Non chega a sonho, quedou en realidade e maquillouse bonito para atrapar a infelices sen piedade a ser un máis.
Só é cuestión de probar do frasco da súa marmelada caducada sen azucre nin sal,
só aroma
aroma doce,
moi doce,
pero que non chega a saturar o gusto de sentilo nos teus diminutos ósos de papel líquido envasados en pel tostada pola esfera máxica que ilumina o rostro daquel que xa entrou no xogo.

Ao fin e ao cabo só é xogo,
pero con límite que traspasa a liña entre o imaxinario e a vida real.
Pura curiosidade.
Deixarse despeitear e soltarse a melena,
pulverizar ás flores con estrelas que morren en espellos prateados de senhoras coa vista cansa de tanto mirar á lúa pasaxeira,
Mirada sen brillo, pero co segredo que esconde a primavera entre tantas flores que se xogan a vida en compracer a amantes sen sabor a pastel amargo, só con iso...
Que é real,
que non chega a sonho,
pero que te fai pensar.


CHIN
PUN

 PLAS.

lunes, 27 de abril de 2015

Este é o meu blues

Música reggae soa polas rúas,
por esas avenidas que non brilan,
que choran,
que florecen das almas en pena.
Os anciáns buscan a morte,
os nenos a liberdade de ser adultos,
as mulleres a independencia,  esa independencia que lles foi roubada.
E se me guío por ter que derrochar en lamentos a minha raiba, non habería papel para tanta palabra.
Son duros os tempos que corren, pero máis duro é o corazón do home que decidiu destruír o mundo.
Como soen dicir poetas de melódico talento:
“corren tempos duros para os soñadores”.
Eque a veces a minha intuición mediocre coméntame que quizáis sexamos demasiado brandos para habitar este planeta cheo de dureza,
Ou candomenos non é una idea descabellada.


domingo, 26 de abril de 2015

LIX

Respetei o ritmo do ceo cando quixo non deixar de mollarnos,
Troquei o doce polo amargo e tamén polo salgado do mar,
Repetinme en exceso por non querer mirar a lúa con ollos de gata celosa,
Resistín a batalla que quixeron perder os que choraban por non ter esposa.

Amigueime de novo co demo polo desespero,
Trastoquei as ideas infames que me deparaban un futuro incerto.
Incumprín o contrato de fidelidade a toda una vida de merda,
Roubei un chisqueiro a una meiga pensando que sería de ferro.

Colei centos de novas nas paredes da alameda,
Inspireime no arte para ganhar una que outra moeda.
Tiven máis fame que amores,
Tiven máis ruido que acordes,
Quixen máis cor da que me deu a vida…

Mais o que menos me perdoo foi querer intentar conseguir encontrar ao amor que me deu por perdida.

Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...